Obradoiro de radio

OLA RAPAZADA!

Este ano volvemos gozar dun novo obradoiro de radio.

O obradoiro de experimentación e creación musical na biblioteca foi unha actividade coa que se pretendeu achegar á rapazada a produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo, dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais.

Nun principio estaba pensado para rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria; ainda que finalmente todo o alumnado dende infantil ata 6º participaron.

Os nenos e nenas empregaron os aparellos en pequenos grupos de ata 7 persoas de xeito simultáneo.

O único requisito para facer o obradoiro na biblio foi contar cunha mesa ampla e conexión á rede eléctrica para montar todo o equipamento da actividade, aportado polo técnico (dúas controladoras MIDI, tres sintetizadores, percusión de man, un computador portátil, unha tarxeta de son, un micrófono, un par de altofalantes e cables).

Foi unha experiencia moi interesante, da que todo o alumnado gozou moitísimo e aprendeu a facer música e son dun xeito moi diferente.

O relator que nos ensinou todo isto chámase Pedro Iglesias.


Agardamos que vos gustase a actividade!

Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario