DÍA DA PALABRA 2014

O día 23 de novembro é o día da palabra, pero na nosa escola e en colaboración con Emilia, a bibliotecaria de Cotobade, levamos a cabo dúas actividades.
Por unha banda os rapaces de 3º, 4º,5º e 6º traballaron cun libro titulado "O monstro das plabras" e despois na hora de ler contarónllo aos restantes compañeiros da escola.
Despois de manter un animado coloquio, fixemos entre todos unhas "dicioárbores", que consistirón en colocar verbas sobre os troncos das árbores relacionadas co P.D.I do centro que este ano xira en torno ao tema dos bosques.

Agardo que vós guste tanto coma a min. Saúdos Castañón.

DÍA DA PALABRA

Ola rapaciños e rapaciñas!

Est vez escribovos para enviarvos unha misión, queredes participar?

O vindeiro día 23 de novembro é o Día da Palabra, e nós imos celebralo, en colaboración coa bibliotecaria de Carballedo, ao día seguinte na escola.

A misión consiste en investigar sobre o bosque, atopando moreas de palabras relacionadas co mesmo. Cada grupo terá que escribir nunha folla que vós entregarei nas vosas aulas, unha palabra cun rotulador e unha vez escrita, terá que pasarlle por riba unha cera deitada cunha cor do outono.

A temática sobre a que tedes que buscar as palabras é a seguinte:

  • 3 anos: personaxes de contos.
  • 4 e 5 anos: animais do bosque.
  • 1º : nomes de arbustos.
  • 2º: nomes de cogomelos.
  • 3º/4ºfroitos do bosque.
  • 5º: nomes de árbores.
  • 6º: elementos naturais do bosque.
Isto ten que estar preparado para o vindeiro luns antes da hora de ler, posto que os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º está a traballar cun libro chamado "O monstro das palabras" e vanllo ir contar ao resto dos compañeiros, nesa hora.

O reparto será do seguinte xeito: 3 anos recibirá a 6º, 4 e 5 anos recibirán a 5º, 1º a 4º e 2º a 3º.
Unha vez rematada esa sesión pasarase polas aulas,para que , por quendas, os alumnos  peguen as súas follas, nunha árbore que faremos entre todos no corredor da escola.
Animádesvos a participar? Saúdiños Castañón.

SAMAÍN

Ola rapaciños: 
 O pasado venres pasei un día terrorífico, a nosa escola encheuse de mortos, bruxas, morcegos,pantasmas... e para que o vexades deixovos un vídeo resumo do día de Samaín na nosa escola, agardo moreas de comentarios para saber as vosas opinións.



GUSTAVOS? SAÚDOS... CASTAÑÓN!