HISTORIA DO CINE

O alumnado de 5º e 6º de primaria elaborarou un traballo sobre a historia do cine que vos deixo a continuación:

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola rapazada:
Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para este Nadal, lémbrovos que todas as recomendacións as poderedes atopar na nosa biblio, agardo que vos guste esta selección e xa sabedes para calquera suxerencia...Castañón, sempre á vosa disposición !!

Lembrade que na lapela de recomendacións lectoras podedes atopar todas as nosas publicacións ao respecto. Un saúdo:
Castañón!!

25N, CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas rapaciños:
O pasado venres, día 2 de decembro tivemos na nosa biblioteca unha charla sobre a violencia de xénero, para a conmemoración do 25N, estivo a cargo dunha traballadora do Concello. Aquí vos deixo unha escolma das fotografías realizadas na charla:








Cómpre sinalar que foi unha charla moi interesante,posto que se trataron os diversos estereotipos da sociedade e na que o noso alumnado tivo moita participación e que ademais nos fixo reflexionar moito sobre un tema que estamos a traballar na escola este ano, que foi o papel das mulleres no cine,das princesas de disney e pola contra o papel que transmiten os príncipes e os homes no cine.

PALABRAS DE CINE

Ola rapazada!!!
Hoxe escríbovos para ensinarvos o vídeo resumo da actividade que realizamos hoxe na nosa escola, para celebrar o Día da Palabra e, como xa sabedes, tiñades que buscar nas vosas aulas, frases de películas e despois facer unha posta en común e explicarlle ao resto do alumnado o significado da frase escollida e así entre todos, elaboramos o mural que chamamos PALABRAS DE CINE.
Velaquí o resultado!



RESUMO DO SAMAÍN

Boas rapazada:
 Este ano, como xa sabedes, fixemos un Samaín diferente posto que levamos a cabo catro obradoiros, o de maquillaxe, o de decoración de personaxes de cine, o de comida creativa e o de creación de curtas. Polos cales o noso alumnado foi rotando e desfrutando de todas e cada unha das nosas actividades. Ademais disto tivemos o xa tradicional concurso de cabazas e os APADRIÑAMENTOS LECTORES,que este ano modificámolos e fixémolos ás escuras, coa iluminación das lanternas. Este è o vìdeo que elaboraron nos obradoiros: Aquí vos deixo un vídeo resumo do día. Agardo que vos guste.
Saúdos Castañón

SAMAÍN

Boas, rapaciños e rapaciñas:
Hoxe estou aquí para lembrar o Halloween que celebramos o pasado venres na nosa escola. Pouco a pouco iremos subindo os vídeos da celebración pero, para ir abrindo boca, deixovos aquí un vídeo terrorífico dos mestres da escola.


 Agardo que vos guste! Saúdiños Castañón!!

III CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

OLA !
Hoxe estou moi ledo, porque é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e isto implica que é o día da resolución do noso III Concurso de Ambientación de Portas.

Antes de porvos as puntuacións e os resultados debo dicirvos que estou moi ledo, porque quedaron unhas portas ...DE CINE!!!
 Parabéns a todos o noso alumnado e profesorado  pola súa entrega e participación nesta primeira actividade do noso P.D.I. deste curso.


5º de primaria: 45 puntos
6º de primaria: 40 puntos
Infantil (3-4-5): 35 puntos
3º de primaria: 30 puntos
4º de primaria: 30 puntos
1º e 2º de primaria: 0 puntos


















MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, AGARDO QUE VOS GUSTASE TANTO COMA A MIN! 
SAÚDOS ,CASTAÑÓN!
.

ENTREGA DOS CASTAPORTES

Boas rapazada!
Despois de entregarvos os Castaportes, os nosos pasaportes de lectura, o pasado martes gustaríame saber se vos gustou a sorpresa que tiña preparada para vós? que vos pareceron os Castaportes? Podedes deixar as vosas opinións escribindo un comentario, ao remate desta entrada. Mentras tanto e para ir abrindo boca deixovos aquí as fotos da entrega dos castaportes!














MOCHILAS VIAXEIRAS

OLA RAPAZADA!


Como vos foi coas mochilas viaxeiras? Coma nos cursos anteriores cando levades as mochilas para as vosas casas , no seu interior vai un caderno viaxeiro. E aqueles traballos que me gusten máis ireinos subindo ao blogue na lapela chamada cadernos viaxeiros, para que poidades ver os traballiños que van facendo os vosos compañeiros e compañeiras. Agardo que vos gusten tanto coma a min estes primeiros traballiños. Saúdos 
Castañón!



HISTORIA DO CINE

OLA RAPACIÑOS!

Aquí vos deixo o enlace ao vídeo que vimos a pasado venres na escola coa intención de dar comezo ao Proxecto deste ano " Un ano de cine"e para que entenderades a historia e o nacemento do cine.

SORPRESAAAAAAAAAAAAAAA

Boas rapaciños:
Hoxe escrívovos para contarvos que mañá, 11 de outubro na hora de ler espérovos na biblio para facervos un agasallo.  Que será ?  Acudide mañá a nosa cita e......veredes o que vos está a agardar.





ARRANCAMOSSS!!!

Boas rapazada!
Xa rematou o verán e estou aquí de novo, para contarvos que este ano o noso P.D.I  vai ser sobre o CINE, e polo tanto coma cada ano imos facer o III Concurso de Ambientación de Portas, así que poñedevos a cavilar e a e empezade a traballar que xa estou desexando ver unhas portas ... de Cine!!!
O resultado deste concurso publicareino aqui o vindeiro día 24 de outubro, día internacional das bibliotecas escolares. 
Sorte a todos rapaciñosss!!!

EXPOSICIÓNS ORAIS: DE FEIRA EN FEIRA POLA CUQUEIRA


 OLA  RAPACES!
AQUI VOS DEIXO O VÍDEO DAS VOSAS EXPOSICIÓNS SOBRE AS FEIRAS. AGARDO QUE VOS GUSTE.
SAÚDOS 
CASTAÑÓN.

PROXECTO ESCORNABOTS

Rapaciños e rapaciñas :
Hoxe traiovos unha grande nova, somos un dos 20 centros selecionados para participar no PROXECTO ESCORNABOTS,e así  avanzar no coñecemento da linguaxe da programación dende a nosa biblioteca. Por iste motivo o venres acudiu unha representación do equipo de dinamización a unha xornada de formación en Santiago para montar o primeiro dos catro escornabots que pasaremos a ter na nosa escola.
Aprendemos a empregar o ARDUINO, no cal podemos modificar os parámetros do robot e modificar así a distancia dos pasos do mesmo e facer diferentes figuras coma pentágonos, escaleiras. Ademais disto ensinaronos como se fan as pezas, a traves dunha impresora 3D, e que a Asesoria se vai facer cunha e que poderemos contar con ela dentro dun tempo, pero antes debemos aprender o seu manexo e as súas utilidades.
De seguido amosovos unhas fotos da presentación dos Escornabots ao Claustro de profesores. Un saúdiño Castañón!!

II SEMANA DO KAMISHIBAI

Aquí vos deixo, de novo, e cos erros subsabnados, o video resumo da II SEMANA DO KAMISHIBAI. Agardo que vos guste,saúdos Castañón!

II SEMANA DO KAMISHIBAI

II SEMANA DO KAMISHIBAI

Boas rapazada: 
 Que tal? Dirixome a vós para lembravos que estamos nun mes moi importante para mín, xa que neste mes celebramos o día do libro, e polo tanto a nosa ansiada II SEMANA DO KAMISHIBAI!! Decidímos que, coma o ano anterior, imos facer unha semana enteira de celebración! E cada curso vai facer unha historia para contar ao resto do alumnado no citado teatriño xaponés, durante as horas de ler desa semana. É moi importante lembrar dúas cousas fundamentais, a primeira a temática que deben ser as feiras, e por outra o idioma, posto que ten que ser en galego. Ademais este ano contaremos, coa colaboración da ANPA, traendo á escola a MIGUEL ANGEL ALONSO DÍZ, autor de tres contos que estamos a traballar na escola, “O sono de Esther”, “O Valente coello que quixo soñar”, e “A nena á que non deixaban ser feliz”, levaremos a cabo tres obradoiros e posteriormente un coloquio literario e o posterior encontro co autor. Poñeremos punto e final a esta semana cos APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten, como xa sabedes, en que o alumnado maior vaille ler ao alumnado máis pequerrecho da escola, é unha actividade que xa levamos a cabo o ano pasado e que como tivo tanto éxito ímola repetir! 

 Xa me tarda que sexa esta semaniña... para levar a cabo todas estas actividades e para ver como desfrutades todos e cada un de vós do pracer de ler e contar historias para o resto dos compañeiros/as do cole. 

De seguido podedes atopar o programa da II SEMANA DO KAMISHIBAI.
Saúdos, Castañón!

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE POSTRES TRADICIONAIS

O alumnado de 3º e 4º elaborou unhas tortas boisimas! Agardo que vos gustasen tanto coma a min!
A rapazada de infantil, elaborou unhas galletas... boisimas!!
Boas rapaciños e rapaciñas: 
 O pasado mércores día 17 de marzo, tivo lugar o cole un obradoiro de elaboración de postres tradicionais, levado a cabo por Cosme, o cociñeiro da escola e por Yoli, reposteira e nai dunha alumna de educación nfantil. Nesta ocasión elaborou o alumnado de 5º e 6º unhas filloas e un flan boisímo. 
Agardo que vos gustase e xa sabedes... 
PARA CALQUERA COUSA ... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!

OBRADOIRO DE VIMBIO

Boas rapacños!
Como xa sabedes o pasado mércores 16 e o xoves 17 de marzo levamos a cabo no cole un obradoiro de vimbio, no cal elaboramos salvamanteis e cestos. Aquí vos deixo o vídeo, agardo que vos guste.

FEIRA NA CUQUEIRA

Boas rapazada; 
Tal e como vos prometín,aquí vos deixo o vídeo do entroido. agradecemos enormemente a súa colaboracióin tanto a ANPA  coma ao Concello, pola súa participación na FEIRA DA CUQUEIRA!

FEIRA NA CUQUEIRA

Boas rapaciños!
Como xa sabedes o venres tivemos unha feira no noso patio, está en proceso o vídeo resumo, en canto o teña xa o subo por aquí, pero mentras tanto e para ir abrindo boca... aquí van algunhas imaxes: