Xornada de convivencia deportiva nas Extremas!

OLA RAPAZADA!
O pasado luns tivemos a I Xornada de Convivencia Deportiva para o alumnado de 1º e 2º de tódolos centros educativos de Terra de Montes.

Este ano por primeira vez levouse a cabo a I Xornada de Convivencia e Deporte para a rapazada de 1º e 2º que tivo lugar no campo de fútbol "As Extremas". Alí gozaron dunha mañá solleira e divertida na que xogaron a moitos xogos populares como a carreira de sacos, a mariola, a corda, a chave ou o tres en raia entre moitos máis. Ademáis, non estiveron sós senón que compartiron estos ratiños de xogos cos nenos e nenas dos outros centros da nosa comarca: Tenorio, Ponte Caldelas, Soutelo de Montes, Fornelos de Montes, Campo Lameiro...


Por aquí vos deixamos un pequeno video que resume a gran xornada que tivemos!

Agardamos repetila o curso que vén!

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario