Xa estou de regreso das miñas merecidas vacacións de Nadal; e veño de volta cunha actividade chulísima para amenizarvos a fin de semana. Nesta ocasión o alumnado de 6º de primaria preparounos unha interpretación fabulosa do conto "Artur e Clementina" que, ademáis de ser moi entretida, seguro que vos fai reflexionar!
Este trimestre a rapazada estivo investigando a fondo sobre os contos. Antes de Nadal, como é costume, fixeron as súas exposicións. Hoxe compártoas con vós para que aprendades tanto como aprendín eu e para que vexades o ben que o fixeron!
Aquí tedes as exposicións por separado:
O alumnado de 3º e 4º de Primaria introduce as exposicións falándonos dos tipos de textos que hai e de como xorden os contos.
Os máis pequeniños dos cole explícannos o que son os contos e onde os podemos atopar.
Cos nenos e nenas de 1º e 2º imos aprender como son os contos e cales son os seus elementos.
A rapazada de 6º explícanos dunha maneira moi amena cal é o proceso para escribir un conto.
Finalmente, a exposición do alumnado de 5º xira en torno ás profesións involucradas na publicación e venta dun conto. Ah! Tambén temos uns invitados especiais, a ver se os recoñecedes!
Xa estou escribindo a miña carta mensual para poñernos a traballar na do segundo trimestre!
Hoxe vouvos ensinar como foi o noso Nadal de conto:
- Decoramos o cole baixo a temática do PDI:
- Comezamos o mes estrenando o calendario "Advento de conto". Cada aula tivo unha selección de contos cunhas actividades chulísimas de animación á lectura.
- O alumnado de 5º e 6º fixo unha feira de Nadal para vender as producións que fixeron na cooperativa que crearon ("As Cores de Carballedo). E foi un éxito!!
- Rematamos o mes celebrando o Nadal por todo o alto: sesión de cine con flocos de millo, sorteo da lotaría e entrega de premios, comemos melón coas badaladas, fixemos un montón de manualidades, veu Papá Noel, cansamos de bailar e pasámolo moi moi ben!