P.D.I OS BOSQUES (14/15)


Rapaciños e rapaciñas aquí van as fotos das portas para que se observe o duro que traballastedes todos cos vosos mestres e  o que gozades traballando en equipo e potenciando a vosa creatividade.


1º CLASIFICADO: QUINTO CURSO 

2º CLASIFICADO: SEXTO CURSO

3ºCLASIFICADO. 4-5 ANOS DE E.I


3º E 4º DE PRIMARIA
3 ANOS

1º DE PRIMARIA
PT.

2º DE PRIMARIA

Como xa sabedes o noso P.D.I non fixo nada máis que comezar. Así que  preparadevos que ímos traballar arreo. 



Moitas grazas por participar e xa sabedes .. para calquera cousiña Castañón sempre á vosa disposición.
Rapaciños e rapaciñas o prometido é débeda, hoxe é o día da resolución do concurso de ambientación de portas. E antes de dar o resultado gustaríame darvos as grazas a todos por participar e por axudarme a votar, posto que como xa sabedes fixémolo en grupo e dedicímolo en grupo. Ben unha vez disto isto
 O resultado é o seguinte :
 1º clasificado : 5º curso.
2º calsificado: 6º curso.
3º clasificado 4- 5 anos.


Parabéns aos premiados, e pola noitiña xa vos poño as fotos que vou  sacar unhas cantas para que desfrutedes dos nosos traballiños.


AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
Hoxe estou  moi ledo, a pasada semana envieivos unha cartiña para convidarvos a xogar comigo buscando as follas que agochara por toda a  escola, é a verdade é que foi todo un éxito. Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades como deu comezo o noso P.D.I.  e o que desfrutamos.
















Como me gusta ver a escola chea de rapaces a traballar e compartir xuntos para aprender  e xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición !

BOAS RAPACIÑAS/OS!
Esta semana vouvos propor un xogo. Apetécevos xogar comigo?
Estes días que xa comeza a facer frío andiven polos recantos da escola a facer trasnadas e deixeivos unhas folliñas das árbores do noso patio agochadas por toda a escola. Todas elas teñen unha marca de cores, polo tanto non serve a folla que non teña marca. O xogo consiste en ... buscalas, atopalas e clasificalas!
Como e cando as ides buscar?
Moi sinxelo, durante a hora de lerdo mércores e xoves buscaredes as follas emparellándovos do seguinte xeito:
                        Os rapaces de 6º formarán parellas cos de 3 anos.
                        Os de 5º cos de 4/5 anos.
                        Os de 3º cos de 1º.
                        E os de 4º cos de 2º.
Unha vez que xa non quede agochada ningunha folla pola escola, levaredes as follas ás vosas aulas 
 ( repartides as que atopades, unha para cada membro da parella) e alí teredes que facer o seguinte:
  • Infantil: falar da forma que teñen as follas, da cor, do tamaño...
  • Primeiro ciclo: Clasificar e facer cunha copia das mesmas en papel un mural.
  • Segundo ciclo: resolver   unhas adiviñas para identificar cada folla con cada unha das especies selecionadas do patio.
  • Terceiro ciclo: coas follas que recolecten terán que facer un herbario cumprimentando unha folla modelo que vos aporto eu.
Este é o xogo, estas son as normas, agora dicídeme  animadesvos a xogar comigo?

Saúdos Castañón!




B     Benvidos rapaciños e rapaciñas!

Hoxe estou moi ledo, traio varias novas que contravos, por unha 
banda ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO, lembrades que o curso pasado dende o equipo de biblioteca  convocaron un concurso para elexir  a mascota da biblio   e aparecín eu?  Pois si, estou a piques de cumprir un ano, un aniño xa convosco e por isto para celebralo vouvos propor un novo concurso.

Consiste en decorar as portas das vosas aulas co tema elixido para levar a cabo o PDI (proxecto documental integrado) que non é outro que o dos bosques.

 Así que xa sabedes poñede as vosas imaxinacións a voar e… que gañe o mellor!!

O vindeiro día 24 de outubro día internacional das bibliotecas escolares e o meu aniversario, porei no noso blogue a clase gañadora coa axuda do equipo de biblioteca.

Ánimo coa ambientación das vosas aulas e…xa sabedes para calquera cousa…Castañón sempre á vosa disposición!







Ningún comentario:

Publicar un comentario