SAMAÍN

Boas rapazada:

Hoxe dirixome a vós para encomendarvos outra misión , esta vez temos entre mans os APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS, tedes á vosa disposición numerosos exemplares na biblioteca, na balda da entrada, onde colocamos as novidades podedes facer uso destes ou traer un das vosas clases. 
Ides ler os nenos de 3º ata 6º e van desfrutar das lecturas os alumnos de 3 anos ata 2º de primaria. 

Ademais disto coma cada ano por estas datas teremos o xa tradicional concurso de CABAZAS e tamén o concurso de BANDA DESEÑADA, así que xa sabedes poñedevos a traballar que o xoves está a piques de chegar e todos estes concursos temos que realizar!



AND THE WINNER IS...

Ola rapaciños e rapaciñas!

Hoxe estou moi contento porque xa temos gañadores do II CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, e sobre todo por ver o ben que traballastes todos e cada un de vós nas vosas aulas. 
De seguido apararecen  as puntuacións que obtiveron as portas presentadas ao concurso.

5 anos: 50 puntos 
5º e 6º: 45 puntos 
4º: 35 puntos 
1º: 30 puntos 
3 e 4 anos: 20 puntos 
3º: 15 puntos 
2º: 15 puntos 


De seguido deixovos as fotos para que vexades o resultado:












Agardo que vos gustasen tanto coma a min!
 E... estade atentos que xa estou argallando a seguinte misión!!!!!

Saúdos, 
Castañón

ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO!!

Ola rapaciños e rapaciñas!

A pasada semana envieivos ás vosas aulas unha cartiña indicándovos que se achega o meu segundo aniversario e  para isto propuxénvos o xa tradicional CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS. 

 Estades xa postos mans á obra? Eu coido que sí porque cando andiven de paseo polos corredores da escola, vin moito movemento e pouco a pouco xa se está transformando nunha gran feira, posto que é o tema que ímos investigar e polo tanto aprender moitisimas cousas xuntos para elaborar o P.D.I deste ano.

Deixovos de novo a páxina que atopades na lapela das Castanovas para que lembredes a actividade.


 E XA SABEDES, PARA CALQUERA COUSA...CASTAÑÓN, SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!

ARRANCAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Ola rapazada!

O pasado mércores xa chegaron ás vosas clases as mochilas viaxeiras,  a partir de  agora  ireivos subindo na lapela correspondente,  os traballiños que vaiades facendo con elas.,  Xa estou impaciente para que  chegue o  mércores. 
Quen aparecerá no blogue? 
Aquí vos deixo coma sempre aos afortunados e afortunadas que comezan a andaina.

 Saúdos,Castañón!