OLA RAPAZADA!
Xa se achega o final deste curso e por iso levamos a cabo a nosa saída ao Monte Aloia.
Debido a que este ano o noso vai sobre os animais, a nosa saída fin de curso non podía ser outra que unha na que estivéramos inmersos na natureza. O destino ao que acudimos foi o Parque Natural do Monte Aloia.
Durante a mañá fixemos unha pequena andaina onde vimos de primeira man diferentes animais como o lagarto ocelado, a pintega rabilonga... e escoitamos moitísimos paxaros.
Despois coñecemos o centro de interpretación no cal Alberto continuou explicándonos máis aspectos sobre os animais observados, árbores... incluso nos pasaron diferentes niños, plumaxes...
Para rematar, a fada de Aloia agasallounos cunha medalla, un mapa da ruta realizada e un pequeno lapis para poder anotar as especies observadas.
Despois, gozamos dunha comida todos xuntos e xogamos durante un ratiño nun entorno privilexiado.
A verdade é que foi unha saída chulísima na que coñecemos un Parque Natural descoñecido por moitos de nós.
Moitas grazas á Fada de Aloia por ensinarnos tan ben un recuncho tan fermoso!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario