BOAS RAPAZADA!
Outro ano máis o alumnado de 3º a 6º gozou dunhas xornadas de convivencia e deporte escolarcon outros centros da contorna.
Ao longo deste curso o noso centro acolleu ao alumnado do CEIP Fornelos de Montes e o CEIP Cordo Boullosa de Ponte Caldelas nunha xornada de convivencia e deporte escolar no que xogaron diferentes deportes como o fútbol, o baloncesto, o datchball ou o béisbol. Por suposto, nós tamén visitamos outros centros, este ano tocounos o CEIP A Lama e o CEIP A Reigosa onde xogamos a diferentes deportes alternativos.
Unha moi boa maneira de fomentar valores que transmite o deporte como o traballo en equipo, a solidariedade, o compañeirismo... así como para fomentar hábitos saudables, unha vida activa e deportiva.
Vémonos o ano que ven!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario