BOAS RAPAZADA!
Como xa sabedes estamos no ecuador da III SEMANA DO KAMISHIBAI, xa escoitamos o conto de infantil e de 4º de primaria, e desfrutamos do obradoiro de dobraxe na biblioteca do Concello coa subvención dentro do programa de LER CONTA MOITO.
Neste obradoiro desfrutamos da presencia de dous actores dobradores, que nos explicaron en que consiste o seu labor axudados por unha historia cuios personaxes eran Tucho e Raquetucho, unha pelota e unha raqueta, moi divertidas e posteriomente ensinaronos un guion dunha película, e como habia que dividilo en partes, e que denominan TAKE a cada unha delas, posteriormente tivemos o privilexio de facer de dobradores cunha parte dun capítulo de BOB ESPONXA, e desfrutamos moitisimo aprendendo os TAKES e por suposto gravando primeiro axudados do son e da imaxe e posteriormente xa só coa imaxe, pero non se pode facer cando un quere, senón que ten que fixarse nos APOIOS VISUAIS, para saber cando hai que facer a entrada e axustar o ritmo do take para que coincida cos movementos bucais dos personaxes.
O noso alumnado dividiuse en dúas quendas, na primeira acudiu 1º,2 e 3º e na segunda 4º, 5º e 6º.Todos desfrutamos moito esta experiencia que temos que agradecer ao Concello e a Biblioteca Municipal.
De seguido deixovos as imaxes do obradoiro onde aprendemos moito sobre o mundo da dobraxe.
MOITAS GRAZAS POLO CONVITE!
AH! QUE CASE ME ESQUEZO, SEGUNDO VAIAMOS TENDO OS VÍDEOS DAS GRAVACIÓNS DOS CONTOS DO KAMISHIBAI SUBIRÉMOLAS AQUÍ.
SAÚDOS CASTAÑÓN!!