AXUDANTES PARA A BIBLIO



Queridos compañeiros e compañeiras da escola, necesito axuda para arranxar abiblioteca, hai moreas de libros, e teño que quitarlles as etiquetas para catalogalos de novo. 
Quen se anima a votarme unha man un anaquiño no voso recreo????

Saúdos 

Castañón

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como cada martes, chegan as mochilas viaxeiras, ao noso centro e esta vez temos que felicitar a  familia De León Torre, polo traballo realizado tanto no caderno viaxeiro coma elaborando unha xirafa en familiz. Como vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo unhas cantas para que valoredes vós mesmos.
                           



 




  Saúdos, Castañón!



O DÍA DA PAZ ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR!!!

O vindeiro xoves día 30 de xaneiro é o Día Internacional da Paz e da Non Violencia escolar, e contaronme que cada ano se celebra na escola, este é o meu primeiro día da Paz convosco, e quero que nos unamos todo o colexio para render un pequeno e sinxelo homenaxe a Nelson Mandela, para isto deixo aquí diversos enlaces para coñecer mellor a un home, que coa súa honestidade e valentia logrou modificar o rumbo da historia de Sudáfrica. 
Todo o alumnado participará  na elaboración dun mural, a partires dunha imaxe de Madiba tomada de Google Imaxes,que transformaremos nun collage e que a acompañeremos  dunha das súas frases máis coñecidas.
Tamén queremos rendir unha peuena lembranza  tanto ás vítimas de Angrois coma os veciños do pobo que son candidatos a recibir o Premio Príncipe de Asturias pola solidaridade amosada coas mesmas.

Homenaxe a Nelson Mandela


FRASES CÉLEBRES DE MANDELA 



VIAXE A LIBERDADE 

ENLACES DO CIRCO

 Ola de novo rapaces ! 
    Esta semana envíeivos outra carta para informarvos de que este trimestre ímos traballar o CIRCO  e o último día, aprobeitando o Entroido transformaremos o colexio nun circo
Para que poidades desfrutar dos enlaces dende os vosos fogares aqui volos deixo. 

PRIMEIRO CICLO EP:
Un circo na cama. Conto interactivo para ver escoitar e facer na pizarra dixital. Enhttp://cuentosinteractivos.org/ivanynavi/circoenlacama/circoenlacama.html
Un día no circo empeza a función. Proxecto Ludos aplicación
Un día no circo empeza a función. Proxecto Ludos aplicación. Guia didáctica

SEGUNDO CICLO EP:
Un paquete de actividades JClic para facer na pizarra dixital. Ten como obxetivo dar a coñecer aos alumnos o maravilloso mundo do circo. O proxecto  dividese en tres partes diferentes a historia, os artistas e os animais.

TERCEIRO CICLO EP:
A historia do circo

Actividades Lim sobre o Circo, profesións,…

E xa sabedes coma sempre para CALQUERA COUSA : CASTAÑÓN SEMPRE ESTÁ Á VOSA DISPOSICIÓN.