DÍA DA ÁRBORE 2014

O pasado venres día 21 foi o día da árbore, pero por motivos metereolóxicos aplazamos a celebración para o día de hoxe, mércores día 26 de marzo. Os rapaciños e rapaciñas da  escola, en colaboración coa Mancomunidade de montes de Cotobade,levaron a cabo unha plantación de diferentes especies de árbores, carballos, piñeiros, abeleiras, maceiras...pero antes tivemos unha pequena charla para informarnos do que íamos facer, e depois subironse ao autobús,e MANS Á OBRA!















Que ben o pasastedes eh? A próxima levádeme! 
Saúdos Castañón!

FAMILIA SUPERTRAMP

Fai uns días, tivemos a sorte de contar na nosa escola con Óscar Barreiro Ucha, ex-alumno do Centro, acompañado pola súa dona e seus dous fillos (A familia Supertramp), presentaron  na nosa escola o seu novo proxecto que consistirá en realizar en facer unha viaxe por case toda Europa, no seu medio de transporte favorito, o TRIKE. A viaxe durará case un ano, comezando en Agosto do 2016 e estarán de novo en Pontevedra en xullo do 2017. Durante este tempo teñen moito que preparar, buscar patrocinadores,conseguir axudas...
Aquí vos deixo unhas fotiños coma sempre, para que vexades o ben que o pasamos.


E xa sabedes para calquera cousa... Castañón sempre á vosa disposición!

RETO CONSEGUIDO!

Graciñas a  todos rapaces, pais, nais, avós,avoas, mestres, familiares, traballadores da escola... Grazas a todos porque :
CONSEGUÍMOLO!!! 
TEMOS CASE 300 KG DE ALIMENTOS  para entregar aos servizos sociais do Concello de Cotobade.
Estou moi ledo e non esperaba menos de vós! Voaron os libros expurgados!
Saúdos, Castañón!
libros

A POLOS 250 KG!

Rapaces, estou encantado,e moi agradecido, a operación 3x1 foi todo un éxito, acadamos nada máis e nada menos que 229 kg de alimentos para doar aos Servizos Sociais do Concello de Cotobade.
Non agardaba menos de vós!
Debido ao éxito decidimos deixar os libros uns días máis a ver se entre todos logramos acadar os 250 kg. Que pensades? Conseguirémolo?

Aquí vos deixo coma sempre, unhas fotiños, para que vexades algúns dos alimentos que trouxestedes á escola.


















 GRAZAS  FAMILIAS!

ACADAREMOS  OS 250KG?

E XA SABEDES  PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!




AVANCE DA OPERACIÓN KILO!

Rapaces aquí vos deixo unhas fotos para que vos vaiades concienciando de cara ao venres, estouvos a por, xunto cos meus axudantes, moreas de libriños.
E aínda non están todos expostos!! Cargade as bolsas, preparade os kilos e traede aos vosos familiares! Cantos kilos acadaremos???

















Xa estou ansioso por ver cantos kiliños acadamos!
Saúdos Castañón!

OPERACIÓN KILO :3x1

EXTRA, EXTRA! o vindeiro venres  14 de marzo,levaremos a cabo na escola a operación kilo, consiste en facer un intercambio, por un kilogramo de comida non perecedeira, regalovos tres libros, dos expurgados da biblioteca! 
Agardo ter moreas e moreas de kilos para poder agasallarvos moitisímos libros e poder así contribuir co noso pequeno grao de area entregando esa comida aos Servizos Sociais do Concello de Cotobade que llo entregarán a quen o precisa. 
SEXAMOS SOLIDARIOS! INTERCAMBIEMOS, KILOS POR LIBROS!
  
XA ESTOU PREPARANDO OS LIBRIÑOS...AGARDO QUE ACADEMOS MOITOS KILIÑOS!
E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!!

O PROMETIDO É DÉBEDA!

Tal é como vos prometín na miña última publicación, aquí vos subo máis fotos do Entroido.Das sobremesas que se presentaron ao concurso, do desfile, dos premiados, dos rapaces no photocall...










































































Agardo que vos gusten e xa sabedes... PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!