PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- CLUB DE CIENCIA
- POLOS CREATIVOS
ÁRBORE DAS LEMBRANZAS
Ola rapazada!
Como xa sabedes
está a piques de chegar o Nadal, e para isto, coma sempre imos facer unhas
actividades. Por unha banda imos crear a árbore de Nadal , e como este ano a
temática son as FEIRAS, pois decidimos facer a ÁRBORE DAS LEMBRANZAS, e así
aproveitarémolo para facer unha exposición de fotos, voltando ao pasado e para
isto necesitamos que traiades ao cole fotografías .Pero teñen cumprir unhas
condicións:
·
Teñen que ser fotos en branco e negro.
·
Teñen que ser fotos familiares.
·
Poden ser fotos relacionadas coa vosa
familia e o mundo das feiras.
É importante que lles digades aos vosos pais e
nais que non as imos estropear xa que na árbore non poñeremos as orixinais, vós
traédeas ao cole ben en formato papel, ou ben en formato dixital e os profes xa
se encargan de copialas ou de imprimilas.
Que vos parece
esta primeira actividade? Espero que ben e… aló vai a seguinte.
Coma cada ano faremos unha actividade en familia, e esta vez vai consistir en
decorar unha estreliña que vos daremos para que a traiades á escola o vindeiro mércores día 9 de decembro, xa sabedes que é fundamental
por a voar a imaxinación para que queden unhas estreliñas, ben xeitosiñas.
Xa estou ansioso de
ver as vosas fotiños e as vosas estrelas. Seguro que nos queda unha árbore para
o recordo.
Saúdos, Castañón!
DÍA DA PALABRA
Ola rapaciños!
Aquí vos deixo o vídeo da charla do avó de Nerea de 3º para que lembredes todo o que nos contou sobre o PODER DA PALABRA nos tempos das feiras.
E xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición!
A ORIXE DAS FEIRAS
OLA RAPACES!
Aquí vos deixo a presentación que usamos para as charlas da profe Paz sobre A ORIXE DAS FEIRAS, para que a poidades visualizar cando queirades. Agardo que vos guste.
SAMAÍN
BOAS RAPACIÑOS !
Aquí vos deixo os vídeos do Samaín, agardo que vos gusten moito.
SAÚDOS, CASTAÑÓN!
Aquí vos deixo os vídeos do Samaín, agardo que vos gusten moito.
SAÚDOS, CASTAÑÓN!
SAMAÍN
Boas rapazada:
Hoxe dirixome a vós para encomendarvos outra misión , esta vez temos entre mans os APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS, tedes á vosa disposición numerosos exemplares na biblioteca, na balda da entrada, onde colocamos as novidades podedes facer uso destes ou traer un das vosas clases.
Ides ler os nenos de 3º ata 6º e van desfrutar das lecturas os alumnos de 3 anos ata 2º de primaria.
Ademais disto coma cada ano por estas datas teremos o xa tradicional concurso de CABAZAS e tamén o concurso de BANDA DESEÑADA, así que xa sabedes poñedevos a traballar que o xoves está a piques de chegar e todos estes concursos temos que realizar!
AND THE WINNER IS...
Ola rapaciños e rapaciñas!
Hoxe estou moi contento porque xa temos gañadores do II CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, e sobre todo por ver o ben que traballastes todos e cada un de vós nas vosas aulas.
De seguido apararecen as puntuacións que obtiveron as portas presentadas ao concurso.
5 anos: 50 puntos
5º e 6º: 45 puntos
4º: 35 puntos
1º: 30 puntos
3 e 4 anos: 20 puntos
3º: 15 puntos
2º: 15 puntos
De seguido deixovos as fotos para que vexades o resultado:
Agardo que vos gustasen tanto coma a min!
E... estade atentos que xa estou argallando a seguinte misión!!!!!
Saúdos,
Castañón
ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO!!
Ola rapaciños e rapaciñas!
A pasada semana envieivos ás vosas aulas unha cartiña indicándovos que se achega o meu segundo aniversario e para isto propuxénvos o xa tradicional CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS.
Estades xa postos mans á obra? Eu coido que sí porque cando andiven de paseo polos corredores da escola, vin moito movemento e pouco a pouco xa se está transformando nunha gran feira, posto que é o tema que ímos investigar e polo tanto aprender moitisimas cousas xuntos para elaborar o P.D.I deste ano.
Deixovos de novo a páxina que atopades na lapela das Castanovas para que lembredes a actividade.
E XA SABEDES, PARA CALQUERA COUSA...CASTAÑÓN, SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!
ARRANCAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!
Ola rapazada!
Saúdos,Castañón!
O pasado mércores xa chegaron ás vosas clases as mochilas viaxeiras, a partir de agora ireivos subindo na lapela correspondente, os traballiños que vaiades facendo con elas., Xa estou impaciente para que chegue o mércores.
Quen aparecerá no blogue?
Aquí vos deixo coma sempre aos afortunados e afortunadas que comezan a andaina.
ACABARONSE AS VACACIÓNS, CHEGOU Á HORA DE VOLTAR AO TRABALLO!
Boas rapaciños:
E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA ... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN !!
Votavádesme de menos? pois ...xa estou aqui!! Estades preparados para traballar?, xa estou pensando na nosa primeira misión do curso.
Pero antes vouvos dar unha pista para que comencedes a cavilar. Ocurresevos que ímos facer?
E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA ... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN !!
VIDEO RESUMO DA I SEMANA DO KAMISHIBAI
Ola rapaciños e rapaciñas!
Aquí vos deixo o vídeo resumo da I semana do Kamishibai, agardo que vos guste tanto coma a min e que desfrutedes do vídeo. Eu xa estou desexando volver a escoitar contos no kamishibai, e voltar a ver aos nosos amigüiños de Pavís-Pavós pola biblio.
Aquí vos deixo o vídeo resumo da I semana do Kamishibai, agardo que vos guste tanto coma a min e que desfrutedes do vídeo. Eu xa estou desexando volver a escoitar contos no kamishibai, e voltar a ver aos nosos amigüiños de Pavís-Pavós pola biblio.
SEMANA DO KAMISHIBAI
Ola rapaciños aquí vos deixo os vídeos dos meus rapaciños e rapaciñas nas súas actuacións cos contos creados para o Kamishibai.
Agardo que vos guste tanto coma a mín ver que contos tan fermosos elaboraron e que ben llo contaron a todos os seus compañeiros/as.
Parabéns rapaces! o voso amigo:
Castañón!
LUNS,20 DE ABRIL:
ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL: "PERDIDOS NO BOSQUE"
MARTES, 21 DE ABRIL:
ACTUACIÓN DE 1º: "A HISTORIA DOS VAGALUMES"
ACTUACIÓN DE 2º: "PILÚ-PILÚ"
MÉRCORES,22 DE ABRIL:
ACTUACIÓN DE 3º E 4º " OS AMIGOS DO BOSQUE"
XOVES, 23 DE ABRIL:
ACTUACIÓN DE 5º DE PRIMARIA: "A FADA XANA"
ACTUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA:
A AVENTURA DE PEPITO
EXPERIMENTA CON LA CIENCIA
Ola rapaciños!
Hoxe deixovos aquí un enlace ao vídeo do cientifico de León Torre, que fixo un traballo moi fermoso coa Mochila Viaxeira,
Grazas por este fermoso traballo familia!
Hoxe deixovos aquí un enlace ao vídeo do cientifico de León Torre, que fixo un traballo moi fermoso coa Mochila Viaxeira,
Grazas por este fermoso traballo familia!
PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Aquí vos deixo actuación do alumnado de infantil, inaugurando a semana do Kamishibai!
Agardo que vos guste! Saúdos, Castañón!
PROGRAMA DA PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Rapaciños e rapaciñas aquí vós deixo o programa da primeira semana do Kamishibai en bibliocarballedo.
Agardo que vós guste ! Saúdos Castañón!
PRIMEIRA SEMANA DO KAMISHIBAI
Ola rapaciños e rapaciñas!
Hoxe estou aquí para informarvos de que xa está colgado na lapela das CASTANOVAS toda a información do que ímos facer este ano pola semana do Día do Libro na nosa escola.
Decidímos que íamos facer unha semana enteira de celebración! Posto que cada curso vai facer unha historia para contar ao resto do alumnado no Kamishibai, durante as horas de ler desa semana. Agás o venres que ímos ter os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten, como xa sabedes, en que o alumnado maior vaille ler ao alumnado máis pequerrecho da escola, é unha actividade que xa levamos a cabo o ano pasado e que como tivo tanto éxito ímola repetir!
Ademais disto e como colofón para esta semana grandiosa ímos ter a actuación de PAVÍS-PAVÓS, na biblio financiada pola ANPA.
Xa me tarda que sexa esta semaniña... para levar a cabo todas estas actividades e para ver como desfrutades todos e cada un de vós do pracer de ler e contar historias para o resto dos compañeiros/as do cole!
E xa sabedes... para calquera cousiña... Castañón sempre á vosa disposición !
CARMEN DOMECH
Ola rapaciños e rapaciñas!
O pasado xoves tivemos a sorte de contar con Carmen Domech na nosa biblioteca, grazas ao Concello de Cotobade e a colaboración coa biblioteca municipal do mesmo. Desfrutamos moito da visita e para que o comprobedes vós mesmos deixovos as fotos da visita. Grazas aos que fixestedes posible esta experiencia para os nosos nenos e nenas!
O pasado xoves tivemos a sorte de contar con Carmen Domech na nosa biblioteca, grazas ao Concello de Cotobade e a colaboración coa biblioteca municipal do mesmo. Desfrutamos moito da visita e para que o comprobedes vós mesmos deixovos as fotos da visita. Grazas aos que fixestedes posible esta experiencia para os nosos nenos e nenas!
GRAZAS POLA VISITA E ATA CANDO QUEIRAS CARMEN! |
APADRIÑAMENTO DAS NOSAS ÁRBORES
Ola rapaciños:
SAÚDOS, CASTAÑÓN!
Hoxe estou moi ledo porque vos traio moitas fotos do apadriñamentos das árbores do noso patio. Comos xa sabedes cada curso fixo unha investigación sobre unha delas e despois puxémolles un nome cariñoso aos nosos apadriñados. Aquí vós deixo as fotos do momento do apadriñamento. Agardo que vos gusten tanto coma a min...
5º |
3 ANOS |
4º |
5 ANOS |
3º |
2º |
1º |
6º |
4 ANOS DE SEGUIDO DEIXOVOS UNHAS IMAXES DA CELEBRACIÓN DOS APADRIÑAMENTOS. AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN: |
AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
Boas rapaciños e rapaciñas:
Hoxe estou moi ledo porque xa entregastedes os vosos traballiños para a nosa exposición "As árbores do noso patio". Aqui van as fotos para amosavos as fotos para que vexades o resultado de tan grande investigación!
Grazas rapaces por participar sempre nas miñas misións.
Saúdos
Castañón!
Hoxe estou moi ledo porque xa entregastedes os vosos traballiños para a nosa exposición "As árbores do noso patio". Aqui van as fotos para amosavos as fotos para que vexades o resultado de tan grande investigación!
Grazas rapaces por participar sempre nas miñas misións.
Saúdos
Castañón!
MÁIS FOTIÑOS DO ENTROIDO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)