OLA RAPAZADA!
O outro día o alumnado de 3º a 6º de EP tivo a oportunidade de visitar Radio Pontevedra.
Os alumnos e alumnas puideron gozar dunha xornada de aprendizaxe na que coñeceron as instalacións, as ferramentas necesarias para poder gravar e incluso fixeron un programa de radio en directo na que entrevistaron a un veterinario da contorna.Ao regresar ao colexio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria puxéronse mans á obra para aplicar todo o aprendido e decidimos participar na I edición do concurso de podcast escolar organizado por Radio SER, aínda que nesta ocasión non conseguimos gañar. Iso si, a experiencia foi marabillosa e aprendemos moitísimo.
O tema escollido para o noso podcast foi Mafalda, a coñecida personaxe de cómic creada por Quino, que este ano celebra o 60 aniversario da súa aparición. Reflexionamos sobre o seu pensamento crítico, o seu compromiso coa sociedade, a paz, a igualdade e a xustiza. Utilizamos varias viñetas dos seus cómics para analizar as súas mensaxes e descubrir que, malia o paso do tempo, as preocupacións de Mafalda seguen sendo moi actuais.
Como conclusión do noso programa, chegamos á idea de que Mafalda, 60 anos despois, seguiría pensando igual. A súa mirada crítica continúa sendo unha fonte de inspiración para pensar no mundo que queremos construír.
Grazas a Radio SER por abrirnos as portas e darnos a oportunidade de vivir esta experiencia radiofónica!
Por aquí vos deixamos o programa para que o escoitedes.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario