POLO CORREO DO VENTO

OLA RAPAZADA!!
Que tal vos vai? Como xa sabedes o pasado mércores día 29 de novembro tivemos a sorte  ter na nosa biblioteca aos compoñentes de POLO CORREO DO VENTO que viñeron facernos un pequeno percorrido da man de Petra polas terras de Pontevedra. Foi unha experiencia estupenda posto que un dos membros do grupo contaba a historia, e o outro ía facendo a ilustración. 
Unha vez rematada esta parte, chegou a quenda para facer unha rolda de preguntas, e posteriormente, ensinaronos como facer unha ilustración, cunhas pequenas pautas para levar a cabo un personaxe cómico ou caraturizado. 
O certo é que nos resultou unha experiencia marabillosa posto que como xa sabedes, estamos a traballar A ARTE e ver de preto uns artistas tanto da palabra coma da ilustración resulta sempre gratificante.
Moitas  grazas pola visita e aquí vos deixamos as fotos do encontro. 


























Agardo que vos guste, saúdos Castañón!

DÍA DA PALABRA

OLA RAPAZADA:
Aquí vos deixo o vídeo resumo do Día da Palabra, que como xa sabedes celebrámolo o pasado día 20 de novembro. 
Este ano realizamos un mural que denominamos EMOCION-ARTE, e que consistiu en que cada alumno/a escollese unha emoción e a plasmase de xeito artístico,nun banderín que posteriormente colgamos realizando un mural na entrada da escola. 

Esta actividade ten un obxectivo fundamental que é empregar a palabra coma canle de comunicación posto que todos os rapaces tiveron que explicar diante do resto de compañeiros/as a súa elección, e porque o plasmaron dese xeito gráficamente.
Todo o alumnado foi quen de facer este traballo dentro das súas posibilidades,cómpre sinalar que falar en público e en galego non resulta unha tarefa sinxela para a nosa rapazada pero todos foron quen de dicir a emoción que escolleron e o porque da mesma. 

Para que vexades a nosa celebración deixovos aqui un vídeo resumo da mesma. 

Agardo que vos guste tanto coma a min. 

Saúdiños Castañón!!!

RADIO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

OLA RAPAZADA!!!!


Estou moi ledo porque hoxe teño que contarvos unha boa nova para a nosa escola. O pasado mes de outubro a Asesoría de Bibliotecas sacou un proxecto chamado "Radio na biblio"para introducir un laboratorio de radio vinculada á biblioteca escolar en centros que forman parte do PLAMBE.

O pasado 20 de novembro saíu a resolución da convocatoria é.... 

SOMOS UN DOS VINTE CENTOS SELECCIONADOS!!!

Parabéns a todos e todos e xa sabedes que este ano imos crear un estudo de radio na escola,pero...Como pensades que lle podemos chamar a nosa radio'
NOs vindeiros días recibiredes unha castacarta con todas as novidades e cun concurso para escoller o nome da nosa emisora.


DÍA DA PALABRA

Ola rapazada : 
Aquí vos deixo a Castanova deste mes, onde poderedes atopara a información sobre o Día da Palabra, así mesmo non debedes esquecer que este mes, o vindeiro día 25 tamén celebraremos o Día Contra a Violencia de Xénero, e teremos unha charla na nosa biblioteca co alumnado de  4º, 5º e 6º.

SAMAÍN 2017

OLA RAPAZADA:
Como xa sabedes o pasado día 30 de outubro celebramos na nosa escola o Samaín. Este ano fixemos catro obradoiros e outros tantos grupos, morcegos, pantasmas, bruxas e cabazas onde había rapaces e rapazas de todos e cada un dos cursos do centro. Unha vez agrupados foron rotando polos catro obradoiros,o de maquillaxe, o de comida creativa, de creación de cadros e o derradeiro e de elaboración de manualidades e de fotografías terroríficas. Fixemos dúas quendas e de seguido levamos a cabo uns APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOSSS, onde o alumnado de 6º leeulle ao alumnado de 3 anos, o de 5º aos de de 4 e 5 anos, e o de 3º e 4º a 1º e 2º.
E para rematar a xornada tivemos unha comida de medo onde non podía faltar a crema de cabazas.
E para que poidades ver que ben o pasamos deixovos un vídeo resumo do acontecemento:

ACHEGASE O SAMAÍN

OLA RAPAZADA:
 Hoxe estou aquí para informarvos de que se está achegando o Samaín, e que como xa sabedes o vindeiro martes celebrarémolo na nosa escola e pasarémolo... de medo.
Faremos diferentes obradoiros dos cales seredes informados nos vindeiros días e tamén levaremos a cabo os xa tradicionais APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS, e o concurso de cabazas. Estades preparados para pasalo de medo???
 Pois xa só quedan dous días para a festa máis terrorífica do ano....e mentras tanto e para ir abrindo boca deixovos aquí unha canción de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O MEU ANIVERSARIO

Ola a todos!
Hoxe estou moi moi ledo, xa que como todos sabedes o meu aniversario é o día 24 de outubro, Día Internacional das Bibiliotecas Escolares e este ano.. fun moi moi feliz xa que me fixestedes moitos agasallos. Aquí vos deixo unhas fotiños para que o vexades vós mesmos.
GRAZAS AMIGUIÑOSSSSSSSSS.



CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ola rapazada:
Hoxe estou aquí para contarvos que o pasado xoves día 26 de outubro os meus amigos máis cativos da escola, dende infantil ata segundo, acudiron a unha sesión de contacontos na biblioteca Municipal de Carballedo. Foi moi divertido e para que poidades comprobalo vós mesmos deixovos aquí as fotos do evento.


























 MOIAS GRAZAS POR CONVIDARNOS. PASÁMOLO DE MEDO!!!!!
IT

IV CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e polo tanto, o meu aniversario.
Ademais, como cada ano é o día que facemos pública a resolución do concurso de ambientación de portas e seguro que estades que estades agardando para ver o resultado.

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar.  

1 º CLASIFICADO: EDUCACIÓN INFANTIL CON 70 PUNTOS






2 º CLASIFICADO : ALUMNADO DE 3 º E 4 º DE PRIMARIA CON 65 PUNTOS.


3 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 2 º DE PRIMARIA CON 30 PUNTOS


4 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 6 º DE PRIMARIA CON 20 PUNTOS


5 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 1 º DE PRIMARIA CON 15 PUNTOS


6 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 5 º DE PRIMARIA CON 10 PUNTOS 


PARABÉNS A TODOS !!!
 E AGÁRDOVOS NA BIBLIO NESTE DÍA TAN ESPECIAL PARA MIN XA QUE CUMPRO 4 ANIÑOS CONVOSCO!
SAÚDOS, CASTAÑÓN!




ACTIVIDADES HORARIO DE TARDE

Boas rapazada:
Como xa sabedes este ano na biblio temos unha novidade, todas as tardes durante o horario do comedor, temos unha actividade diferente na mesma a cargo dos dous mestres/as que estean de garda aquí vos deixo o calendario de actividades que realizaremos ao longo deste mes de outubro.

IV CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

BOAS RAPAZADA:
Que tal estades? eu ando un chisco nervoso porque o martes é o meu 4º aniversario,e nesa data, o 24 de outubro, coinciden varios acontecementos na escola, por unha banda é o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,e por outra é cando resolvemos o IV CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, ademais...de ser o meu aniversario!!!!
Xa andiven a botar un ollo pola escola e están quedando unhas portas marabillosas, posto que como eu xa sabía sodes uns grandes artístas! 
O vindeiro luns que é o día que ides facer a votación e seguro que vos vai ser moi complicado decidir o voso voto, pensadeo ben e lembrade que o importante é participar, haique ter en conta  que é un traballo feito polo alumnado e para entrar en materia co proxecto que imos elaborar ao longo do curso " O ANO DA ARTE EN BIBLIOCARBALLEDO"
O martes teredes por aquí a resolución do concurso e as fotos das portas xa rematadas.
 Ah! que case me esquecía de lembrarvos que o alumnado de infantil 1º e 2º o xoves ás 11.00 iredes á Biblioteca Municipal de Carballedo para asistir a un contacontos.



Saúdos, Castañón!!