PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- CLUB DE CIENCIA
- POLOS CREATIVOS
CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS
Rapaciños e rapaciñas aquí van as fotos das portas para que se observe o duro que traballastedes todos cos vosos mestres e o que gozades traballando en equipo e potenciando a vosa creatividade.
1º CLASIFICADO: QUINTO CURSO |
2º CLASIFICADO: SEXTO CURSO |
3ºCLASIFICADO. 4-5 ANOS DE E.I |
3º E 4º DE PRIMARIA |
3 ANOS |
1º DE PRIMARIA |
PT. |
2º DE PRIMARIA |
Moitas grazas por participar e xa sabedes .. para calquera cousiña Castañón sempre á vosa disposición.
I CONCURSO DE DECORACION DE PORTAS
Rapaciños e rapaciñas o prometido é débeda, hoxe é o día da resolución do concurso de ambientación de portas. E antes de dar o resultado gustaríame darvos as grazas a todos por participar e por axudarme a votar, posto que como xa sabedes fixémolo en grupo e dedicímolo en grupo. Ben unha vez disto isto
O resultado é o seguinte :
O resultado é o seguinte :
1º clasificado : 5º curso.
2º calsificado: 6º curso.
3º clasificado 4- 5 anos.
Parabéns aos premiados, e pola noitiña xa vos poño as fotos que vou sacar unhas cantas para que desfrutedes dos nosos traballiños.
BACK TO SCHOOL
Hoxe tivemos unha xornada moi importante na nosa escola, contamos coa presencia dun ex-traballador da UE, que lles veu contar a todos os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º a creación, as institucións e funcionamento da mesma. Resultou moi interesante e xurdiu un coloquio moi interesante onde nenos e maiores aprendemos unha morea de cousas.
A que non sabedes cantos países ten a UE? Ou cantos idiomas oficiais hai na UE? Cales son os maís usados?
Agardo os vosos comentarios respostandome estas preguntiñas!!!
SAÚDOS... CASTAÑÓN!!
A que non sabedes cantos países ten a UE? Ou cantos idiomas oficiais hai na UE? Cales son os maís usados?
Agardo os vosos comentarios respostandome estas preguntiñas!!!
SAÚDOS... CASTAÑÓN!!
AS ÁRBORES DO NOSO PATIO
Hoxe estou moi ledo, a pasada semana envieivos unha cartiña para convidarvos a xogar comigo buscando as follas que agochara por toda a escola, é a verdade é que foi todo un éxito. Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades como deu comezo o noso P.D.I. e o que desfrutamos.
Como me gusta ver a escola chea de rapaces a traballar e compartir xuntos para aprender e xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición !
MOCHILAS VIAXEIRAS!
Hoxe foi un gran día na nosa escola, xa que as nosas mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe por segundo ano consecutivo.
Estou desexando ver os cadernos viaxeiros para ver o ben que o pasades coas vosas familias, desfrutando do pracer da lectura. Como valen máis unha imaxe que mil palabras aqui vos deixo a foto dos encargados en dar comezo esta viaxe.
A que están moi guapiños os meus amiguiños?
SAÚDOS ... CASTAÑÓN!
Estou desexando ver os cadernos viaxeiros para ver o ben que o pasades coas vosas familias, desfrutando do pracer da lectura. Como valen máis unha imaxe que mil palabras aqui vos deixo a foto dos encargados en dar comezo esta viaxe.
A que están moi guapiños os meus amiguiños?
SAÚDOS ... CASTAÑÓN!
APETECEVOS XOGAR COMIGO?
BOAS RAPACIÑAS/OS!
Esta semana vouvos propor un xogo. Apetécevos xogar comigo?
Estes días que xa comeza a facer frío andiven polos recantos da escola a facer trasnadas e deixeivos unhas folliñas das árbores do noso patio agochadas por toda a escola. Todas elas teñen unha marca de cores, polo tanto non serve a folla que non teña marca. O xogo consiste en ... buscalas, atopalas e clasificalas!
Como e cando as ides buscar?
Moi sinxelo, durante a hora de lerdo mércores e xoves buscaredes as follas emparellándovos do seguinte xeito:
Os rapaces de 6º formarán parellas cos de 3 anos.
Os de 5º cos de 4/5 anos.
Os de 3º cos de 1º.
E os de 4º cos de 2º.
Unha vez que xa non quede agochada ningunha folla pola escola, levaredes as follas ás vosas aulas
( repartides as que atopades, unha para cada membro da parella) e alí teredes que facer o seguinte:
- Infantil: falar da forma que teñen as follas, da cor, do tamaño...
- Primeiro ciclo: Clasificar e facer cunha copia das mesmas en papel un mural.
- Segundo ciclo: resolver unhas adiviñas para identificar cada folla con cada unha das especies selecionadas do patio.
- Terceiro ciclo: coas follas que recolecten terán que facer un herbario cumprimentando unha folla modelo que vos aporto eu.
Saúdos Castañón!
24 DE OUTUBRO!
Benvidos rapaciños e rapaciñas!
Hoxe estou moi ledo, traio varias novas que contravos, por unha
banda ACHEGASE O MEU
ANIVERSARIO, lembrades que o curso pasado dende o equipo de biblioteca convocaron un concurso para elexir a mascota da biblio e
aparecín eu? Pois si, estou a piques de
cumprir un ano, un aniño xa convosco e por isto para celebralo vouvos propor un
novo concurso.
Consiste en decorar as portas das vosas aulas co tema elixido para
levar a cabo o PDI (proxecto documental integrado) que non é outro que o dos
bosques.
Así que xa sabedes poñede as
vosas imaxinacións a voar e… que gañe o mellor!!
O vindeiro día 24 de outubro día internacional das bibliotecas
escolares e o meu aniversario, porei no noso blogue a clase gañadora coa axuda
do equipo de biblioteca.
Ánimo coa
ambientación das vosas aulas e…xa sabedes para calquera cousa…Castañón sempre á
vosa disposición!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)