TAREFA PARA O NADAL

Para que non vos esquezades de min durante as vacacións de Nadal, vouvos facer un pequeno e sinxelo encargo. 


Soamente tedes que escribir un comentario  engadindo unha  palabra a frase que vos deixo de seguido:

LER PARA ...........
libros

Moitas grazas, e esperovos á volta do Nadal 
FELICES FESTAS 
CASTAÑÓN

CHEGOU O NADAL!

Rapaces hoxe estou moi ledo, CHEGOU O NADAL A CARBALLEDO, o colexio está decorado, soan panxoliñas constantemente, e eu estou encantado! 
Xa sabía eu que os meus amigos do colexio non me ían deixar pasar o Nadal, soíño e xa me fixeron ao meu compañeiro de aventuras. É un boneco de neve precioso!!
Ademais as nenas e nenos de infantil, fixeron unha árbore de Nadal, no que eu son o protagonista! Que orgulloso estou dos meus PICARÍÑOS!
Ufff! case me esquezo, polos corredores de 1º e 2º hai moito ambiente de Nadal, teñen unha árbore, unhas girnaldas e a porta da aula de inglés está cheíña de folerpas de neve. E se seguímos dando unha voltiña pola escola atopamos a árbore dos maiores, campaíñas, e ,coma cada ano, montouse o nacemento na entrada.
Xa sabedes que a min gústame máis deixarvos unhas imaxes, pero como sei que ides vir todos e todas pola escola, esta vez non volo ensinarei todo, para que poidades opinar vos mesmos jajjajaj. Aínda así ahí vai un adiantiño.


















FIXÉSTEDESVOS UNHA IDEA? 
SAÚDOS CASTAÑÓN!

PARABÉNS RAPACES!


O concello xa escolleu os gañadores das postais de Nadal e eu dende a biblioteca quero felicitarvos rapaces:
Noraboa aos seguintes premiados:

1ª CATEGORIA: EDUCACIÓN INFANTIL Repártese  o premio entre as dúas postais correspondentes a
Premio.- Nerea Tilve Duarte y Marcos Ramos Fortes
2ª CATEGORÍA: 1ºe 2º DE PRIMARIa
 Premio.- Sabela Fentanes Diz
3ª CATEGORÍA: 3ºe 4º DE PRIMARIA
Premio.-  Manuel Suárez Müller
4ª CATEGORÍA:  5º e 6º DE PRIMARIA
 Premio.- Alicia Pardo Pumar
                                                      aplausos
PARABÉNS COMPAÑEIROS, 
SAÚDOS, CASTAÑÓN!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe  estou moi ledo, como cada martes,chegaron á escola as mochilas viaxeiras, e quero felicitar a familia Barreiro Martínez tanto pola súa implicación como pola reportaxe tan interesante que me envíaron á biblioteca.Deixóvos unha imaxe da páxina do caderno viaxeiro para que o valoredes  vós mesmos.

 GRAZAS FAMILIA!

 


SAÚDOS, CASTAÑÓN!!







CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, DO CONCELLO DE COTOBADE

Como cada ano por estas datas , o Concello propónos a participación no concurso de postais de Nadal, despois as postais premiadas serán as encargadas de felicitar estas festas a todos os habitantes do Concello. Quedáronlles estupendas. Aquí vos deixo unhas fotos dalgunhas postais que presentarán os nosos rapaces. Quen gañará?

Espero que o xurado o teña máis claro ca min, porque a verdade son todas tan fermosas que non sabería por cal decantarme. 
SORTE RAPACES!
Saúdos Castañón.

OBRADOIRO DE NADAL

Esta semana envielle a todo o alumnado unha nova tarefa, pedínlles aos mestres e aos seus rapaces que fagan un boneco de neve, con vasos de plástico.É o meu primeiro Nadal con vosco, e 
estou desexando ver o resultado, porque sei que todos porán moitas gañas para que eu non pase o Nadal tan soíño na biblioteca.
 Ireivos subindo fotos do proceso para que poidades observar como chegamos ao resultado final. 



 VÉMONOS , SAÚDOS, CASTAÑÓN.