P.D.I. A ARTE (17/18)

OLA RAPAZADA:
Nesta páxina, iremos subindo todo o que se vaia elaborando nas aulas sobre o P.D.I. deste ano,que como xa sabedes, este ano versa sobre a ARTE.
Aquí vos deixamos un código QR  no que si o escaneades podedes atopar o contido desta páxina con todos os vídeos que se atopan na mesma.
QR Code - P.D.I. A ARTE

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes o derradeiro día do curso sempre temos unha saída todo o alumnado do centro, e procuramos, dentro do posible relacionala coa temática do P.D.I. este curso a miña rapazada asistíu a Vigo para realizar dúas actividades. Por unha banda acudiron á exposición da Fundación ARTE NO CÓMIC e posteriormente compartiron un xantar na praia de Samil e a continuación, e para continuar a traballar a arte tiveron un concurso de ESCULTURAS DE AREA. 
Aquí vos deixo as fotiños para que poidades gozar connosco desta xornada tan especial!!



































ESCULTURAS DE AREA









































  



















AGARDO QUE VOS GUSTASE TANTO COMA A MIN!!!
SAÚDOS, CASTAÑÓN!!!
Ola rapazada:
Aquí vos deixo o vídeo resumo do proxecto que se visualizou este curso ao remate da visita do Castamuseo. Agardo que vos guste tanto coma a min!


Saúdos ,Castañón!!

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes este ano por fin de curso levamos a cabo unha xornada de+ portas abertas para as familias. 
O primeiro que fixemos foi transformar a nosa escola nun museo ao que denominamos o CASTAMUSEO DA CUQUEIRA, en honra a nosa mascota e ao lugar onde está ubicada a nosa escola, para esto dividimos o centro en 5 espazos que se corresponderon con outras tantas salas, unha por cada unha das artes que traballamos ao longo do curso.
Así tivemos unha sala adicada á PINTURA, outra a ESCULTURA,a ARQUITECTURA,  unha as ARTES ESCÉNICAS onde traballamos a danza, a música e o teatro, e a derradeira á LITERATURA.
Unha vez ubicados os espazos cómpre explicar a organización desta xornada.
 Como en todo museo que se  precie tivemos uns asistentes que esperaron na porta aos visitantes do museo e os acompañaron ao longo da súa visita. Fixemos dúas quendas, por unha banda visitaron o museo o noso alumnado e por outra as familias que as dividimos do seguinte xeito, familias do alumnado de infantil, de 1º e 2º, de 3º e 4º e o derradeiro grupo o das familias de 5º e 6º.
Unha vez repartidos os asistentes comezaron as visitas e en cada sala atopamos tres persoas, dous guías que eran o alumnado de 5º e 6º, e un xefe de sala que foi un mestre. 
Os asistentes visitaron o museo por quendas e tiveron un tempo para facer preguntas e ao remate da visita deixamos un tempo libre para que cada quen fose a sala que máis lle gustara ou que lle quedaran cousas por ver, ademais de poder visitar a nosa Cast@radio.
Unha vez rematada esta visita fixemos dúas actividades máis, a primeira unha actuación musical do noso alumnado e por último pasamos á sala de proxeccións ( o noso ximnasio) onde puxemos un vídeo resumo do proxecto deste curso.
Aquí vos deixo unhas fotiños do castamuseo e o vídeo resumo do P.D.I. deste curso.Agardo que vos guste tanto coma a min.

FOTOS :



























Boas rapazada:
Como xa sabedes este mes de maio adicámolo á LITERATURA, cada aul preparou un autor e posteriormente fixemos unha exposición na biblioteca para o resto dos compañeiros.Aquí vos deixo unha escolma das fotografías das exposicións. Os vídeos estan en edicción polo que en canto os teñamos realizados  subirémolos a esta páxina. Pero para ir abrindo boca aí van as fotiños!!




























AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN!!
SAÚDOS 
CASTAÑÓN!
BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes durante todo o curso estivemos a facer un P.D.I. sobre a Arte, e por isto decidimos que íamos traballar dende o centro unha arte mes a mes, pero que tamén íamos traballar en familia, polo que potenciamos a investigación en familia e ... fixemos uns libros que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca.Aquí vos deixo unha escolma dos libros e dalgún dos vosos traballos. É imposible sacalos todos, nesta páxina pero están á vosa disposición na entrada do centro,para que os observedes con detemento, porque hai traballos moi bos e interesantes. Antes de deixarvos as fotos gustaríame agradecervos dende aquí a vosa colaboración e esforzo coa vosa participación mes a mes en todos e cada un dos nosos traballos en familia.
















































SAÚDOS, CASTAÑÓN!
Ola rapazada:
Como xa sabedes este curso estamos a facer un P.D.I. sobre a arte e cada mes adicámola a unha delas, neste caso, o mes de abril foi o adicado ás artes escénicas, escollemos tres delas e sortearonse para traballar tanto nas aulas coma nas familias. O reparto quedou da seguinte maneira 3 anos, a música, 4 e 5 a danza, 1º e 2º o teatro, 3º e 4º a danza , 5º a música e 6º o teatro. Durante todo o mes investigouse sobre a arte correspondente e o pasado venres tiveron lugar as presentacións na biblioteca para o resto do alumnado e do profesorado. Aquí vos deixamos as fotos e os vídeos das exposicións.


Agardamos que vos guste !!












Boas rapazada:
Como xa sabedes este mes de maio adicámolo á LITERATURA, cada aul preparou un autor e posteriormente fixemos unha exposición na biblioteca para o resto dos compañeiros.Aquí vos deixo unha escolma das fotografías das exposicións. Os vídeos estan en edicción polo que en canto os teñamos realizados  subirémolos a esta páxina. Pero para ir abrindo boca aí van as fotiños!!


























AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN!!
SAÚDOS 
CASTAÑÓN!
Ola rapazada:
Como xa sabedes a semana do 23 ao 27 de abril, na nosa escola é unha data especial porque celebramos a semana do Libro, e para isto adicámola ao Kamishibai, que como explicamos en numerosas ocasións é un teatriño xaponés no cal facemos historias, ilustrámolas e posteriormente contámosllas ao resto do alumnado do centro.
Nesta entrada imos deixarvos as fotografías e os vídeos da citada semana. Agardo que vos guste tanto coma a min!





















APADRIÑAMENTOS LECTORES DA 
IV SEMANA DO KAMISHIBAI






































EN BREVES SUBIREMOS OS VÍDEOS COS CONTOS DO KAMISHIBAI!


Ola rapazada:
Como xa sabedes, este ano estamos adicando cada mes a traballar unha arte, e este pasado mes de marzo tocoulle a quenda á ARQUITECTURA. Esta vez na biblioteca apareceron uns paquetes misteriosos, e cada aula tivo que coller un destes agasallos. Unha vez abertos descubrimos que eran uns crebacabezas de diferentes edificios que debería montar o alumnado coa axuda dos seus mestres /as e posteriormente investigar sobre o mesmo, a arquitectura, o arquitecto, o país onde se ubica, en fin... cada aula como quixo e posteriormente, o derradeiro día do trimestre fixemos a exposición ante o resto do alumnado e do profesorado para darlles a coñecer o edificio e o resultado da nosa investigación. 
De seguido podense observar os vídeos e as fotografías tanto das exposicións coma dos monumentos:


Agardo que vos guste tanto coma a min Saúdos Castañón!
OLA RAPAZADA:
Como xa sabedes, este ano estamos a traballar  A ARTE e cada mes adicámolo a unha delas. O pasado mes de febreiro tocounos traballar   A ESCULUTURA tanto nas aulas coma nas casas coas vosas familias. 
De seguido deixovos o vídeo das exposicións levadas a cabo na biblioteca o pasado venres. A orde da exposición fíxose segundo aparece a continuación:
* 3 ANOS: CÉSAR MANRIQUE
* 4 E 5 ANOS: ALEXANDER CALDER
* 1º DE E.P.:NIKI DE SAINT PHALLE
* 2º DE E.P: AGUSTÍN IBARROLA
* 3º DE E.P.: EDUARDO CHILLIDA
* 4º DE E.P. :  AUGUSTE RODIN
* 5º DE E.P.: ANDY WARHOL
* 6º DE E.P: FERNANDO BOTERO
O alumnado de 3º e 4º, está pendente da realización da exposición,en canto a fagan engadiremos aquí os vídeos.
Gustaríame agradecer a todas as familias a súa participación nos libros que estamos a realizar dende a biblioteca e que xa temos a vosa disposción o primeiro volume.
Agardo que vos gusten os vídeos tanto coma a min, saúdiños.
Castañón!



Y_nrgFHfR8w/WrQT_YovM9I/AAAAAAAACXY/H3f9nKRVD9EAAUeNOhEYi2qi5zYfvvSMwCLcBGAs/s1600/IMG_0947.JPG" imageanchor="1" style="margin-left: 1em; margin-right: 1em;">
Ademais destes traballos tamén tivemos a sorte de contar cun artista entre as familias do noso alumnado e Jose, o pai de Uxía, a alumna de catro anos que é escultor e fixonos un agasallo para o centro elaborado en pedra. Asi mesmo tamén nos fixo un empréstito, dúas esculturas que sempre fai con material de refugallo para que observe o noso alumnado e que despois lle devolveremos.
MOITAS GRAZAS JOSÉ.








Boas rapazada:

O primeiro de todo quero agradecervos que me salvarades de Gusmalote, e que me axudasedes a ser rescatado das súas fauces cumplindo os mandatos que vos foi facendo ao longo da semana.
Unha vez dito desto e como xa sabedes, o pasado venres celebramos na nosa escola o Entroido, e fixemos varias actividades. 
Por unha banda levamos a cabo un desfile de moda artístico, onde desfilaron personaxes tan coñecidos coma Dalí, Picasso, Frida, Agatha, Torre Eiffel, Van Gogh, Cocó Chanel, as Meninas, o cadro do Grito e outros moitos que podedes ver nas seguinte reportaxe fotográfica. 
Por outra tivemos varios concursos: de disfraces tanto para o alumnado coma para as súas familias e o de sobremesas. 

E a derradeira actividade antes da entrega de diplomas e da troula foi a queima de Gusmalote.

Aquí vos deixo un video resumo  da festa do entroido, Agardo que vos guste tanto coma a  min.


BOAS RAPAZADA! 
Como xa sabedes, este curso estamos a traballar a Arte e cada mes adicámola a unha delas, este primeiro mes do ano adicámolo á PINTURA, e cada aula traballou un pintor ou pintora, e o derradeiro venres do mes, o pasado día 26, na biblio cada aula explicoulla ao resto do alumnado na biblioteca. 
De seguido aparecen os vídeos das exposicións, ordeadas dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria.     

AGARDO QUE VOS GUSTEN AS EXPOSICIÓNS TANTO COMA A MIN!!!
Case marchaba sen deixarvos unhas fotiños do evento.Coido que serán do voso agrado!!

































SAÚDOS 
CASTAÑÓN!!!
Ola rapazada,
Como xa sabedes este ano, estamos a traballar a ARTE na escola, e por isto, onte aproveitamos a exposición de LEONARDO DA VINCI THE EXHIBITION, en Vigo e os meus amigos de primaria foron ata ali e achegaronse a figura deste xenio italiano. E ao remate acudiron ao Parque de Castrelos,para visitar o Museo Quiñones de León.
Na exposición de Leonardo, primeiro viron un documental sobre a súa vida e posteriormente visualizaron unha réplica dalgunhos dos seus inventos, as litografías que fixo sobre a anatomía humana, armas de destrucción masiva, algunhas obras pictóricas, e mesmo ata o primeiro coche, e aprendemos cousas tan interesantes coma que Da Vinci foi o inventor de cousas tan cotiás coma a calefacción ou os sumidoiros, así mesmo tamén estudou máquinas voadoras dando lugar ao primeiro helipcoptero, pero como vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo unha escolma da saída de onte.

































 Saúdos, Castañón!
Boas rapazada;
Hoxe estou aquí para contarvos como celebramos o Nadal na nosa escola. O primeiro, como xa sabedes é que cada ano relacionamos as celebracións de obrigado cumprimento coa temática do noso P.D.I. do curso que este ano é a ARTE. O primeiro que fixemos foi un traballo de investigación nas aulas sobre os diferentes tipos de arte que imos traballar ao longo do curso.De seguido elaboramos un código de cores onde se representa cada unha delas, tal é como se pode ver na seguinte fotografía.


Despois en cada aula buscamos artistas e as súas obras características de cada un deles e posteriormente seleccionamos a información e plasmámola graficamente en varias árbores de Nadal. 
Ademais deste traballiño, celebramos o remate do trimestre visualizando dúas películas, xa que o cine é considerada unha arte. Por unha banda o alumnado de infantil e 1º de primaria visualizaron "Nico O reno" e o alumnado de 2º ata 6º viron "Ballerina".
Unha vez finalizada a visualización das películas, tivo lugar unha festa de Nadal no comedor da escola, onde mestres e alumnado compartiron un xantar, e tempo de troula.
Deixovos aquú un vídeo resumo da celebración do Nadal no noso colexio.
Agardo que vos guste tanto coma a min, saúdos Castañón!


OLA RAPAZADA:
Aquí vos deixo o vídeo resumo do Día da Palabra, que como xa sabedes celebrámolo o pasado día 20 de novembro. 
Este ano realizamos un mural que denominamos EMOCION-ARTE, e que consistiu en que cada alumno/a escollese unha emoción e a plasmase de xeito artístico,nun banderín que posteriormente colgamos realizando un mural na entrada da escola. 

Esta actividade ten un obxectivo fundamental que é empregar a palabra coma canle de comunicación posto que todos os rapaces tiveron que explicar diante do resto de compañeiros/as a súa elección, e porque o plasmaron dese xeito gráficamente.
Todo o alumnado foi quen de facer este traballo dentro das súas posibilidades,cómpre sinalar que falar en público e en galego non resulta unha tarefa sinxela para a nosa rapazada pero todos foron quen de dicir a emoción que escolleron e o porque da mesma. 

Para que vexades a nosa celebración deixovos aqui un vídeo resumo da mesma. 

Agardo que vos guste tanto coma a min. 

Saúdiños Castañón!!!

OLA RAPAZADA:
Como xa sabedes o pasado día 30 de outubro celebramos na nosa escola o Samaín. Este ano fixemos catro obradoiros e outros tantos grupos, morcegos, pantasmas, bruxas e cabazas onde había rapaces e rapazas de todos e cada un dos cursos do centro. Unha vez agrupados foron rotando polos catro obradoiros,o de maquillaxe, o de comida creativa, de creación de cadros e o derradeiro e de elaboración de manualidades e de fotografías terroríficas. Fixemos dúas quendas e de seguido levamos a cabo uns APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOSSS, onde o alumnado de 6º leeulle ao alumnado de 3 anos, o de 5º aos de de 4 e 5 anos, e o de 3º e 4º a 1º e 2º.
E para rematar a xornada tivemos unha comida de medo onde non podía faltar a crema de cabazas.
E para que poidades ver que ben o pasamos deixovos un vídeo resumo do acontecemento:


BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e polo tanto, o meu aniversario.
Ademais, como cada ano é o día que facemos pública a resolución do concurso de ambientación de portas e seguro que estades que estades agardando para ver o resultado.

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar.  

1 º CLASIFICADO: EDUCACIÓN INFANTIL CON 70 PUNTOS






2 º CLASIFICADO : ALUMNADO DE 3 º E 4 º DE PRIMARIA CON 65 PUNTOS.


3 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 2 º DE PRIMARIA CON 30 PUNTOS


4 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 6 º DE PRIMARIA CON 20 PUNTOS


5 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 1 º DE PRIMARIA CON 15 PUNTOS


6 º CLASIFICADO: ALUMNADO DE 5 º DE PRIMARIA CON 10 PUNTOS 


PARABÉNS A TODOS !!!
 E AGÁRDOVOS NA BIBLIO NESTE DÍA TAN ESPECIAL PARA MIN XA QUE CUMPRO 4 ANIÑOS CONVOSCO!
SAÚDOS, CASTAÑÓN!




Ningún comentario:

Publicar un comentario