AS FAMILIAS PINTAN MOITO

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes durante todo o curso estivemos a facer un P.D.I. sobre a Arte, e por isto decidimos que íamos traballar dende o centro unha arte mes a mes, pero que tamén íamos traballar en familia, polo que potenciamos a investigación en familia e ... fixemos uns libros que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca.Aquí vos deixo unha escolma dos libros e dalgún dos vosos traballos. É imposible sacalos todos, nesta páxina pero están á vosa disposición na entrada do centro,para que os observedes con detemento, porque hai traballos moi bos e interesantes. Antes de deixarvos as fotos gustaríame agradecervos dende aquí a vosa colaboración e esforzo coa vosa participación mes a mes en todos e cada un dos nosos traballos en familia.
















































SAÚDOS, CASTAÑÓN!

CAST@MAKER

Boas rapazada:
Hoxe traiovos unhas fotiños do noso Cast@maker, que é unha zona maker móbil que estamos a piques de rematar.
Decidimos que fose un espazo móbil, posto que para nós bibliocarballedo é un espazo vivo,onde en función das nosas necesidades mudamos os espazos.
Este espazo dividímolo en dúas partes (coincidindo con ambas caras do moble onde o fixemos).

Nunha parte adicámolo a impresora 3d, un espazo adicado á robótica, onde temos diferentes robots, Escornabots, Mbots,e un en forma de rato para a iniciación do alumnado de infantil, ademais disto tamén temos  unha serie de libros desta temática e diferentes paneis onde se elaboran diferentes percorridos para os robots.

A outra cara do moble deixámolo para o material manipulativo, debuxos, papeis, realización para as diferentes manualidades, rotuladores,témperas, plastilina, pinturas... Ademais disto, e como non podía ser de outra maneira tamén temos diferente material de construcción para as diferentes idades do noso alumnado. Legos, construccións de plástico, construccións de madeira, mecanos, pezas Duplo,teselas...

Tanto o material manipulativo coma o adicado a robótica, programación e deseño 3D iremos ampliandoo en función das necesidades e da demanda do noso alumnado. 

Aquí vos deixo unhas fotiños para que vaiades vendo como nós está quedando o noso  ESPAZO MAKER, que como non podía ser doutra maneira denominamos CAST@MAKER. 





AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN! 

SAÚDOS, CASTAÑÓN!