Boas!
Xa sabedes que este curso participamos no programa da Asesoría de Bibliotecas "Club de Lectura", por iso hoxe estou aquí para contarvos as actividades que se realizaron dende el.
Ao longo do 2º trimestre o alumnado participante no Club de Lectura "Os cast@lectores" realizou varias xuntanzas que xiraron arredor ás seguintes lecturas seleccionadas:
Iniciaron o trimestre con "Wonder, la Lección de August" e non só falaron sobre o as súas impresións, xuntáronse para comer e ver a película. Tamén fixeron dous obradoiros de cociña para acompañar as reunións de "A señorita Bubble" (que sei que lles encantou) e "Mamá, eu quero ser Ziggy Sturdust", unha lectura que fixo aflorar moitas reflexións.
Compártovos algunhas fotos de como foron as xuntanzas.
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario