Boas rapazada!
Como xa se vos comunicou fai algunhas semanas, o noso compi Javi de 4º de E.P. quedou finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Hoxe estou aquí para explicarvos un pouquiño máis en que consistiu esta actividade.
A raíz do traballo sobre a arte galega no 2º trimestre, dende a materia de plástica decidiuse traballar para este concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.
O alumnado tiña que deseñar unha xoia que lles gustaría regalar ás súa nais polo Día da Nai. Primeiro fixeron o boceto, analizando formas, composicións e cores, e despois crearon o seu deseño definitivo.
Estes traballos subíronse á páxina web do concurso e alí puidose votar polo deseño favorito de cada quen. O deseño de Javi foi un dos que máis votos recibiu e pasou á final!
Este foi o deseño que presentou e a entrega de premios á que asistiu á Santiago coa súa familia.
Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario