Transformación de patios: PATIOS DINÁMICOS

Despois de dous anos de restriccións marcadas polo COVID, consideramos que un dos aspectos primordiais de intervención no cole tiña que ser o PATIO. 


Así foi que, dende principio de curso, o profesorado comezou un proxecto chamado PATIOS DINÁMICOS

A primeira fase foi a de formación, e para iso contamos cos mellores neste ámbito: Miudiños. Con eles actualizámonos, coñecemos outros patios así como a lexislación e posibles riscos...


 Xa con certa vagaxe e cun montón de ideas chegou a fase de valoración do noso patio. Aquí démonos conta das grandes vantaxes do rural e de contar con tantos espazos verdes e de sombra. Tamén comprobamos que a diversidade de zonas xa favorece a dinamización dentro do patio.
               

Finalmente, determinamos os eixes sobre os que queriamos incidir, priorizando a recuperación do tradicional, o emprego de materiais o máis respectuosos co medio ambiente posibles e o reemprego de materiais. 

Zona relax
É así como decidimos comezar este curso por unha crear unha "cast@zona relax" con materiais diversos, unha extensiñon portatil da biblioteca. Arranxamos o carro do cole e nel incluimos un montón de materiais: unha manta, libros, xogos de mesa e motrices...

Ademais, o alumnado tamén se iniciou na creación de construcións vexetais e introducimos diferentes elementos, como caixas, para potenciar a creatividade.


Este foi o punto de inicio e continuaremos o vindeiro curso creando novos recunchos.

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario