VOLVEMOS CON... OS RETOS DOS MESES DE FEBREIRO, ABRIL E MAIO!

Canto facía que non me pasaba por aquí a falarvos dos retos do mes!! 


Nestes últimos meses do curso realizamos unhas actividades chulísimas e variadísimas dende biblio creativa.

Coa chegada de maio á rapazada de todos os cursos propúxoselles o reto de crear un xardín de flores cun circuito de papel!! E... noraboa! ata o alumnado máis pequeniño logrou o reto!  









Un mes antes, en abril tiveron que realizar unha busca de ovos de pascua! Pero... non foi unha tarefa tan doada xa que, tiñan que descifrar un código, que se correspondía coa CDU do libro da biblio no que estaba escondido. Foi unha actividade divertidísima que lles serviu para poñer en práctica o seu manexo na busca de recursos.








E rematamos co mes de febreiro, o mes de Rosalía, sacando o noso lado máis creativo: a rapazada tivo que realizar un retrato actualizado e moderno da escritora para poñer de foto de perfil no seu instagram. Saíron cousas tan graciosas como estas. 









Castañón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario