Fomento da escritura dende bibliocarballedo. Curso 2021/2022

Boas rapazada!

Hoxe estou aquí para falarvos unha nova actividade que iniciamos este ano en bibliocarballedo a través das titorías: os obradoiros de escritura!

En bibliocarballedo consideramos tan importante a lectura como a expresión escrita, e entendemos que ambas as dúas actividades se deben desenvolver paralelamente. Por iso, ademais da hora reservada ao empréstito e á lectura, cada titoría realizou semanalmente obradoiros de escritura na biblioteca escolar.

Neste mesmo camiño, e buscando a funcionalidade e a conexión dos contidos coa vida real, organizáronse outras actividades como intercambios postais ou certame de escritura, tal e como podedes ver a continuación. 

Obradoiros de escritura

Neles participaron tanto o alumnado de primaria como de infantil con actividades moi diversas e adaptadas a cada curso, contempladas desde a perspectiva lúdica pero tamén dende a académica.

              









Intercambio postal

Tamén houbo programadas dúas actividades de intercambio postal: unha cun centro educativo de Alicante e outra co centro da terceira idade de Cerdedo.




Certame de expresión escrita

Finalmente, dende bibliocarballedo iniciámonos no mundo dos certames en relación ao P.D.I. Nesta ocasión houbo 4: de debuxo, de chistes, lingüístico e de expresión escrita polas Letras Galegas. Seguiremos traballando para fomentar máis a escrita a través de concursos no vindeiro curso escolar. 



Despois da análise da avaliación do traballo de bibliocarballedo, alégrome moito que o fomento da escritura fose considerado tan positivamente tanto por parte do alumnado e do profesorado! Noraboa polo traballo realizado rapazada. Continuaremos nesta liña!

Castañón







Ningún comentario:

Publicar un comentario