GAÑADORES no concurso "Atrévete a ter unha idea" de Eduemprende na escola!

 Boas rapazada!!

Como xa sabedes, fai un par de semanas o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de emprendemento no CIPF Carlos Oroza. 

A raíz desta participación, algúns deles decidiron presentarse ao concurso "Atrévete a ter un idea!" na que, como empresarios, tiñan que presentar a súa idea de negocio. 

Hoxe comunícovos que... RESULTARON GAÑADORES NAS DÚAS MODALIDADES NAS QUE SE PRESENTARON!

a) Modalidade grupal: a clase de 5º combinou as súas ideas para crear unha auténtica "Galiexperiencia"!

b) Modalidade individual: no grupo de 6º Carla Fentanes presentou a idea da "Marmelada de rosas da Vía Mariana"

O Luns 21 os grupos de 5º e 6º foron a Santiago á recollida de premios.







Noraboa por este traballazo!!

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario