Introdución á robótica e programación

Unha das actividades que máis adoitar gustar á rapazada son as relacionadas coa robótica e programación. Hoxe estou aquí para contarvos todo o que se fixo este curso arredor destes eixes.


A nivel de centro elaboráronse diversos taboleiros de Escornabots en relación ao P.D.I. para o traballo dende as titorías e para certas celebracións. 




Nos calendarios de dinamización da biblioteca, ademais de incluír actividades cos escornabots, este ano o alumnado de 3º a 6º realizou obradoiros de introdución á  programación de videoxogos con Scratch.





INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA

Como xa sabedes, o alumnado de 6º ten como materia de Libre Configuración unha hora semanal de "Introdución á programación e á robótica", e isto foi o que abordou ao longo de todo o curso escolar 

Circuitos eléctricos: para comezar a traballar coa robótica en si, fíxose necesario iniciarse nos circuitos eléctricos, e durante o primeiro trimestre (en relación ao P.D.I.) construíron varias maquetas de monumentos galegos que incluían un circuito eléctrico. 




Impresión 3D: manexo de tinkercad: o momento máis desexado! Coñeceron como funciona a impresora 3D e aprenderon a crear proxectos co programa tinkercad. Esta foi a reacción ao imprimir por primeira vez un dos seus deseños.


E convertéronse nuns expertos! Crearon figuras 3D tan chulas como esta:





Programacións de video xogos con Scratch: na introdución á programación resulta imprescindible coñecer o Scratch, xa que nos permite tanto a creación de videoxogos como o manexo de multitude de pezas robóticas. No primeiro contacto crearon o xogo do "pong" con esta ferramenta.



Makey makey: polas súas múltiples posibilidades, este ano apostouse por mercar o "makey makey", unha placa baseada no software libre que nos permite converter obxectos cotiás en paneles táctiles. Primeiro tiveron que investigar sobre a conducción e experimentar con ela.


Logo aprenderon a programalo a través do scratch



Por último, tiveron que crear o seu propio proxecto en relación ao PDI: un xogo estilo "operación" sobre a flora galega que, ao vincular correctamente imaxe e palabra soa unha pequena explicación da especie gravada por eles (con previo traballo previo de investigación).




Mbots: finalmente, tamén tiveron unha pequena toma de contacto coa programación de robots como o Mbots a través do Scratch.

Ao final de curso, fíxose unha xuntanza da rapazada de 6º co alumnado de 3º, 4º e 5º e nela ensináronlle algunhas nocións básicas de todo o aprendido ao longo do curso. 






       

Agardo que vos gustasen moito as actividades. 


Castañón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario