Club de lectura "Cast@lectores" 3º trimestre e visita de ANTÍA YAÑEZ

Boas rapazada! 

Xa está a piques de rematar o curso e non queria deixar de compartir as actividades realizadas dende o programa Club de Lectura neste 3º trimestre. 

Hoxe presentámosvos as tres lecturas elexidas pola a rapazada do Club de Lectura para as súas últimas  xuntanzas. 

  • O neno inverno é unha historia de superación persoal na que o protagonista vive unha aventura moi fermosa na neve xunto co seu compañeiro o lobo.
  • Plan de rescate trata dunha aventura na que un grupo de alumnos e alumnas dun aula de apoio demostrarán toda a súa valía salvando aos seus compañeiros dun atraco. Unha historia moi divertida baseada na inclusión que nos fai ver que todos somos capaces. 
  • A cidade no átomo é a lectura máis científica das escollidas. Está ambientada na cidade de Pripiat xusto despois da explosión en Chernóbil e trata de como un grupo de rapaces e rapazas se apañan para que todo sega funcionando sen a compañía de ningún adulto. 

Os obradoiros de cociña arredor destas xuntanzas foron sobre repostería creativa. Así de doces foron os nosos encontros arredor destas lecturas. 









Por outra banda, a raíz da lectura de Plan de rescate, os cast@lectores puidemos contar no cole con Antía Yañez, a súa autora. 
A rapazada fíxolle unha entrevista para a cast@radio e Antía desveloulles todos os segredos de Nela e os seus compañeiros e compañeiras de aventura. Tamén estiveron falando sobre aspectos personais do mundo da escritura e puideron dar resposta a un montón de curiosidades.





Ben rapazada, creo que xa é hora de que me poña a traballar na selección de lecturas e actividades para o Club de Lectura do próximo curso. Boas vacacións e agardo que veñades cun montón de inquietudes e novas propostas. 

Castañón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario