Boas rapazada!
Xa sabedes que hai pouquiño, o 17 de maio, celebramos o Día... o Día das Letras Galegas, exactamente! E como no noso cole somos moito de celebrar, realizamos catro actividades chulísimas: dúas delas orientadas a coñecer a vida do autor homenaxeado e outras dúas enfocadas ao uso e coñecemento do galego. Imos aló!
Kamishibai
O alumnado de cada clase tivo que investigar sobre un aspecto da vida do autor Florencio Delgado Gurriarán para logo crear unha lámina de Kamishibai e contarlle aos seus compañeiros e compañeiras o que aprendeu sobre el.
Concurso lingüístico "Non é o que parece"
Organizouse o I. e divertidísimo Concurso lingüístico do CEIP Plurilingüe de Carballedo "Non é o que parece" no que o alumnado tivo que competir e averiguar o significado que hai detrás de certas palabras que non son o que parecen! Non vos podedes perder o resumo do que foi o concurso porque seguro que vos vai encantar!
Certame de expresión escrita: "O día que roubaron a lingua galega"
Convocouse un concurso para fomentar a escritura en galego e fíxose un acto de entrega aos participantes e gañadores: uns libros e unhas mochilas de "Inmunízate co galego". Noraboa polo voso traballo rapazada!
O xoves 26 coñecemos a nova casa cultural "Antonio Fraguas" e grazas á organización do Concello puidemos realizar unha actividade moi enriquecedora co grupo "Polo correo do vento". Esta consistiu nun "contacontos" da vida de Florencio Delgado dende tres perspectivas: a palabra, a ilustración e a lingua de signos. Foi unha actividade completísima que involucrou tamén a música e o debuxo. Mirade que pasada de debuxos de Florencio fostes quen de facer cunhas pouquiñas indicacións!
Agardamos que vos encantasen todas as actividades programadas!
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario