Ampliación do espazo "bibliocreativa": AULA MULTISENSORIAL

 Boas rapazada!

Este ano no cole introducímonos no mundo das instalación de xogo e, para poder levalas a cabo, recuperouse unha das aulas baleiras da planta baixa para ampliar o espazo creativo da biblioteca e crear un aula multisensorial. 

Hoxe estou aquí para explicarvos para que creamos esta aula multisensorial e que buscamos con ela.

As instalacións de xogo son un espazo sen directrices onde o alumnado crea e experimenta co material que se propón e disfruta coas múltiples ópcións que lle permite o xogo libre. Isto favorece a estimulación da creatividade, das interaccións, as relacións sociais e o traballo en equipo; atender á diversidade e ludificar a ensinanza. 





Como vedes, este é un espazo  creado por e para o neno que segue múltiples metodoloxías baseadas no xogo como motor de aprendizaxe. 

Ao longo do curso creáronse diferentes instalacións, fixéronse variadas propostas e plantexáronse actividades relacionadas especificamente coa dinamización lectora e co fomento da escritura.

Aquí vos deixo este vídeo algunhas fotos para que vexades cos vosos propios ollos a potencialidade da nova aula creativa. 
















Agardo que vos guste esta nova aula, aínda que xa sei que á rapazada lle encantou. 

Lémonos pronto.

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario