Piragüismo-dragóns

Comezamos novo trimestre, e iso significa que comezamos a abordar novos temas dende o PDI.  

Unha das ramas de "O ano de Galicia" é traballar o relativo ao deporte galego: xogos tradicionais, deportes e deportistas galegos. 

Como actividade motivadora iniciamos o traballo dos deportes galegos cunha actividade proposta dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva: Piragüismo-dragóns. 



 O último luns de abril os grupos de 5º e 6º foron ata Verducido a coñecer as punteiras instalacións nas entrenan, e entrenaron, os mellores piragüistas galegos de ámbito nacional: a veciña de Carballedo Antía Jácome, Teresa Portela, David Cal...

Coa guía de deportistas profesionais o alumnado afíxose coa pala e cos movemento axeitados para empregala adecuadamente.







Tocou o momento de poñer en práctica o aprendido e puideron experimentar cunha innovadora modalidade de piragüismo, propia dos países asiáticos: piragüismo-dragóns. Este consiste en remar nunha canoa, cunha capacidade máxima de 25 persoas, ao ritmo dun guia que marca a velocidade de palada cun tambor.







E así de motivadora foi a primeira toma de contacto con este deporte: un exercicio de forza, de coordinación e de atención coa que vivenciaron por primera vez esta forma de remar en gran grupo. 



Como podedes observar foi unha actividade que, ademais de resultar moi divertida, potencia o contacto coa naturaleza, o desenvolvemento de hábitos saudables, e permite coñecer instalacións de primer nivel e un dos deportes claves en Galicia. 

Castañón!





Ningún comentario:

Publicar un comentario