Boas rapazada!
Xa sabedes que fai 15 días tivemos una convidada moi especial no cole: a escritora dalgúns dos nosos contos favoritos: Fina Casalderrey.
Como non podía ser doutro modo, a rapazada do cole sacou o seu lado máis cast@reporteiro para facerlle unha entrevista en directo diante de todos vós.
Non podiamos dar por finalizada a semana das Letras Galegas sen emitir a entrevista por completo a unha das autores claves no eido da Literatura Infantil e Xuvenil galega.
Esta foi a maxia do directo: aquí vos deixo estes vídeos para que vexades o que hai detrás dos programas de radio e para que vexades tamén o profesional que é a rapazada do noso cole, que non só sabe moito dos contidos escolares, se non que tamén se vai facendo o seu camiño no mundo da expresión oral.
Súmome aos parabéns de Fina rapazada!
Noraboa polo voso traballo
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario