Obradoiro "Radio na biblio" con Pablo Portabales e Loreto Silvoso

 Como cada ano, a participación no programa "Radio na biblio" da Asesoría de Bibliotecas Escolares permítenos seguir mellorando as nosas dotes comunicativas co desenvolvemento de obradoiros para a rapazada. 

Despois de traballar os rexistros da voz o pasado curso con Charo Pita, nesta ocasión o obxectivo era a improvisación diante do micro. Para iso contamos con dous profesionais: Pablo Portabales e Loreto Silvoso, xornalistas responsables do programa "Voces de A Coruña" en RadioVoz.

Co obradoiro "A radio, a mellor rede social do cole", realizaron 3 sesións de traballo, unha con cada ciclo de primaria (1º e 2º, 3º e 4º, e outra con 5º e 6º).

O alumnado de 1º a 4º realizou exercicios de respiración, de vocalización e de comunicación de noticias de distinto xénero. 




Os maiores do cole, ademais de traballar os aspectos anteriores, coñeceron as sinais do directo e xa foron quen de improvisar o seu propio programa radio con diferentes seccións.











Ben feito rapazada! 

Ata a próxima!



Ningún comentario:

Publicar un comentario