Visita da autora: FINA CASALDERREY

 Uns dos cambios de bibliocarballedo neste curso foi priorizar o fomento e o desenvolvemento da competencia lectora do alumnado. 

Para iso, unhas das actividades que instauramos foi "a lectura obrigatoria do curso": anualmente seleccionarase un autor ou autora, traballarase sobre el/ela, e lerase polo menos un dos seus libros. 

Iniciamos a actividade con moita forza e por todo o alto pois, a autora seleccionada foi Fina Casalderrey, á cal tivemos o pracer de recibir na nosa biblio.

Esta foi a selección de títulos que se fixo para cada un dos cursos de primaria.

Fina veu e fixo maxia, pois coa súa voz, coas súas palabras, e tamén co seu toque de humor, gañou a todo o público.













E o alumnado conseguiu ter o seu exemplar firmado 



 A rapazada tamén lle preparou un fermoso agasallo: un ramo de rosas de papel cos títulos dos seus libros escritos nos seus pétalos.






Selección de lecturas de Fina Casalderrey e mural realizado polo alumnado a raíz da lectura "Ás de mosca para Anxo"


Castañón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario