"Os maios" dende bibliocarballedo!

Coa chegada da primavera as árbores enchense de follas e a natureza agasállanos coas súas flores e os seus froitos. En Galicia, dende tempos remotos, coa chegada do mes de maio a xente adoitaba celebrar o que se coñece como "Os maios"  para exaltar a variada flora coa que conta a nosa paisaxe. 


Así é como xorde a celebración desta festa no cole, que se puido levar a cabo gracias á participación de todas as familias: unha vez máis pedimos colaboración para poder crear o noso maio, e este foi o resultado.




A última semana de abril a rapazada estivo traballando un montón cosendo pampullos, facendo guirnaldas de ovos e laranxas, unindo bugallos, amarrando os fiunchos...



   






E esta foi a creación final: un orixinal maio con forma de carro co que me levaron polo patio.








O venres 28 xuntámonos no patio para darlle a benvida ao mes de maio e fixémolo cantando arredor do carro as coplas dos maios que creou cada clase. Completísima e fermosísima actividade.






Este "Ano de Galicia" estanos servindo a toda a comunidade educativa para recuperar tradicións culturais que pouco a pouco van quedando nun segundo plano, revalorizar o valor do noso patrimonio inmaterial e para demostrar que a mestura do tradicional co moderno si é compatible.


Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario