Celebración do Día da Familia en bibliocarballedo

"Non todas as familias son iguais. Cada familia é diferente, única e especial. Hai tantas, tantas como un puñado de botóns".
As familias son diferentes, tan diferentes como as persoas, como os botóns ou como as cores. Por este motivo, dende este ano no cole decidiuse celebrar o Día da Familia en lugar do Día do Pai e da Nai.
Nesta ocasión desenvolveuse a través dun obradoiro de cociña dende o cal o alumnado das diferentes clases preparou un postre para os membros da súa. Mans á masa!







Peero... estes doces que vos prepararon son tan diferentes e especiais como as vosas familias xa que os ingredientes habituais foron substituídos polas cualidades positivas que o alumnado identificou de cada un de vós.



 A rapazada e máis eu agardamos que vos gustasen. Corroboro que foron elaboradas con toda a ilusión e cariño do mundo.

 Gracias por acompañarnos no noso día a día e axudarnos a medrar e aprender familias.

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario