Celebración do Día da Educación Física na rúa 2022

Boas rapazada!

Como xa sabedes no noso cole entendemos como un aspecto fundalmental a promoción de os hábitos de vida saudable: ademais de menús deliciosos que preparan Cosme e Belén, ou o programa froita na escola, sempre somos os primeiros en anotamos, participar ou desenvolver calquera actividade deportiva que xorde. 

 Por este motivo, un ano máis o CEIP Plurilingüe de Carballedo sumouse á celebración do Día da Educación Física na Rúa. 


Dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva de Centro o profe Rubén organizounos unha mañá chea de actividades moi divertidas na Praza da Chan: circuitos, saltar á corda, actividades ximnásticas, xogos diversos coa pelota... e como non, xogos tradicionais!

Aquí vos vai un resumo da nosa mañá!


















Ademais, un ano máis saímos en prensa polo desenvolvemento desta actividade. Nesta ligazón podedes acceder á noticia





E agora que ven o bo tempo rapazada, imos poñer en práctica todos os xogos que nos ensinou o profe e a mover o esqueleto!

Castañón



Ningún comentario:

Publicar un comentario