Gracias aos papis e mamis do cole, este curso descubrimos a imprenta itinerante Alouette Machine e non puidemos deixar escapar a oportunidade de achegar á rapazada ao seu traballo.
Deste xeito, dende o proxecto BIBLIOTECA CREATIVA, desenvolvimos un obradoiro de tipografía: a idea de Cristina e Jean-Ba encaixou ás mil marabillas co traballo do noso PDI:
- por unha parte porque puidemos recuperar e achegar á rapazada unha técnica tradicional esquecida
- por outra, porque a través del profundizamos un pouco máis no bosque Galego, temática do PDI deste trimestre.
Xogando cos elementos gráficos, co seu significado, e coñecendo novo vocabulario en galego, a rapazada creou esta cartelería tan chula que empregaron para logo construír este marabilloso mural do noso bosque galego.
Moitísimas gracias a Cristina e Jean-Ba por compartir con nosco todos os seus coñecementos, pola súa naturalidade e a súa técnica, e tamén por achegarnos o seu interese polo antigo e por axudarnos a reivindicar o valor do noso patrimonio natural e cultural.
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario