CAST@RADIO. Programas especiais das Letras Galegas 2022

 

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o autor homenaxeado polas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, un poeta valdeorrés comprometido coa lingua galega, coa Terra e coa liberdade. 

A rapazada do cole estivo investigando sobre este autor e creou dous programas de radio especial Letras Galegas. 

Se queredes coñecer un pouquiño máis a vida de Florencio non vos perdades este podcast da rapazada de 4º a 6 no que, o poeta do exilio, chega á zona VIP de ultratumba onda se reúne con outros autores e autoras homenaxeadas e lle explican en que consiste iso das Letras Galegas. Un podcast cun toque de humor e actualidade.    


Pola súa parte, o alumnado de infantil, 1º e 2º homenaxea ao autor co recital dun dos seus poemas. Traballando "O ano de Galicia" e os oficios tradicionais, a obra seleccionada non podía ser outra que "Muiñada". 

      

Máis aló de autores, o Día das Letras Galegas, e todos os días do ano, reivindiquemos o emprego da nosa lingua, defendamos o galego como peza clave da nosa identidade. 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!





CASTAÑÓN!


Ningún comentario:

Publicar un comentario