Regueifando 21/22 do Correlingua. Inmunízate co galego

 Boas rapazada!

Hoxe estou aquí cunha nova xenial! No 2º trimestre, a raíz do traballo sobre a música galega dende o PDI, o grupo de 6º curso participou na actividade "Regueifando" de Correlingua 2022, dentro do proxecto "Inmunízate co galego".

Nesta, o alumnado aprendeu de cero o que era unha regueifa, como identificar e compoñer coplas, e mesmo creou con moito traballo e investigación tres delas para participar na actividade. 

O resultado é este vídeo: unha regueifa colectiva con todos os participantes de Galicia. Exactamente saímos no minuto 8.25.  Que vos parece??


Ademais, pola súa participación recibiron unha pulseira e unha mochila así de chula.



Noraboa rapazada! 

Gracias por estar aí loitando por manter viva a nosa lingua!

Ningún comentario:

Publicar un comentario