Cast@radio. Programa 4: Especial Nadal

Boas compañeiros e compañeiras!
Deixámosvos o último programa do ano 2022, un programa moi especial xa que é o noso podcast especial de nadal, un momento no ano que no colexio encántanos.


É tempo de Nadal, é tempo de historias

Presentámosvos a guía de recomendacións para este Nadal cunha selección de libros de narrativa, poesía, banda deseñada e xogos para pasar esta época na mellor compañía.

Este nadal... agasalla lectura!


Feliz Nadal lector a todos e a todas

Castañón!

Recibimos ao equipo de RadioVoz na Cast@radio

 Hoxe a cast@radio abriu as súas portas para recibir a Sonia e a Antía, técnica e reporteira de RadioVoz (a emisora da Radio da Voz de Galicia) para emitir por primeira vez en directo na antena desta emisora desde o noso propio cole!

Cast@radio. Programa 3: 25 de novembro

Benvidos rapazada!

Hoxe temos un novo programa da Cast@radio, o noso terceiro podcast do ano.

Nesta ocasión dedicamos as seccións ao día 25N.

Unha aperta compañeiros!

Castañón

Xornada deportiva de campo a través

Boas rapazada,

Un paxariño contoume que onte os alumnos e alumnas de 1º a 6º foron a correr o "cross" ao circuito de Caritel e que foi todo un éxito.