Cast@radio. Programa 4: Especial Nadal

Boas compañeiros e compañeiras!
Deixámosvos o último programa do ano 2022, un programa moi especial xa que é o noso podcast especial de nadal, un momento no ano que no colexio encántanos.


Nesta ocasión participan todos os alumnos do centro con seccións moi variadas, desde unha
panxoliña en infantil ata os alumnos de 3º e 4º coas súas recomendacións gastronómicas.

Como sabedes este programa gravámolo con RadioVoz e será emitido por esta emisora o XOVES 29 DE DECEMBRO ÁS 16.00. O dial para sintonizalo en Pontevedra é o 93.1. Aquí vos deixamos algunhas tomas de como foi o proceso de elaboración:



Desexámosvos desde a cast@radio, que pasedes unhas felices festas, que descansedes e sobre todo vos coidedes moito, porque á volta queremos contar de novo con todos vós para seguir facendo programas tan bonitos como os que elaboramos ata o momento.
Felices festas rapazada! Castañón!

1 comentario:

  1. Cada día superádesvos mais se cabe!! Sodes un equipo impresionante!¡ Temos o mellor cole do mundo, non hai dúbida algunha, e gran parte é pq tódalas persoas q o integran sodes incríbles e vos involucrades ó máximo!! E q decir dos cativos, de tódala rapazada..pois que cada día o facedes millor e que encántanos escoitarvos en cada novo programa de castaradio, así como ver as imaxes e vídeos que Castañón comparte polo blog!! Por certo, q Ben vos quedou este último especial de Nadal!! MOI FELICES FESTAS RAPAZADA, MOI FELICES FESTAS "EQUIPO"!! VÉMONOS PARA O ANO!! FELIZ 2023

    ResponderEliminar