Asistimos ao VO Cogreso EDUCODS en Tui

 BO DÍA

Onte, o alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria tiveron o privilexio de acudir ao congreso EDUCODS en Tui en representación do noso centro.

O alumnado do noso centro tivo a oportunidade de participar no Congreso EDUCODS de Tui, un encontro educativo no que diferentes centros compartiron experiencias e proxectos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Durante a xornada, presentamos os traballos desenvolvidos ao longo do curso dentro do noso proxecto educativo Dende A Cuqueira para o mundo, unha iniciativa estreitamente vinculada ao noso concello e ao coñecemento da súa realidade social, cultural e ambiental. A través das nosas investigacións e actividades, puidemos reflexionar sobre a importancia de coidar a nosa contorna, valorar o patrimonio local e propoñer accións que contribúan a construír unha comunidade máis sostible.

A exposición dos traballos permitiunos compartir ideas, intercambiar experiencias con alumnado doutros centros e dar a coñecer o esforzo realizado durante meses (que mellor maneira de abrir o noso concello a outras persoas!). Ademais, foi unha excelente ocasión para desenvolver habilidades de comunicación e traballo en equipo.


Queremos agradecer á organización do Congreso EDUCODS de Tui a oportunidade de participar neste evento tan enriquecedor e felicitar a todo o alumnado polo seu compromiso, dedicación e excelente representación do noso centro.

Sen dúbida, esta experiencia animaranos a seguir aprendendo e traballando en proxectos que contribúan á mellora do noso concello e da sociedade en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario