OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este ano coa Biblioteca Creativa tivemos a sorte de gozar dunha experiencia moi especial da man de Alouette Machine, un proxecto que recupera a maxia da impresión artesanal a través dunha imprenta móbil manual.





Ao longo de dúas xornadas, o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou nun obradoiro no que puido descubrir de primeira man como se elaboraban os libros antes da chegada das tecnoloxías actuais. Organizados en pequenos grupos, os nenos e nenas foron coñecendo o proceso de composición e impresión, converténdose por un intre en auténticos impresores e impresoras.





O resultado deste traballo colectivo foi a creación dun fermoso libro dedicado ás aves de Cerdedo-Cotobade, unha obra que nos permitiu achegarnos á riqueza natural da nosa contorna e valorar a biodiversidade do noso concello.



A actividade estivo chea de aprendizaxes, curiosidade e ilusión. Ademais de participar na elaboración do libro, o alumnado puido observar de preto o funcionamento da imprenta manual, manipular materiais e comprender a importancia do traballo artesanal na transmisión do coñecemento.


Como broche final, Alouette Machine agasallounos cunha marabillosa sorpresa: cada neno e cada nena recibiu un pequeno libro impreso, que tiveron que maquetar eles mesmos, réplica do exemplar que xa forma parte dos fondos da nosa biblioteca. Deste xeito, todos e todas puideron levar para a casa un recordo desta experiencia tan enriquecedora.


Queremos agradecer a Alouette Machine a súa visita, a súa profesionalidade e a paixón coa que compartiron o seu oficio co noso alumnado. Sen dúbida, foi unha actividade inesquecible que nos permitiu aprender, crear e descubrir o fascinante mundo dos libros desde dentro.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario