Hoxe a cast@radio abriu as súas portas para recibir a Sonia e a Antía, técnica e reporteira de RadioVoz (a emisora da Radio da Voz de Galicia) para emitir por primeira vez en directo na antena desta emisora desde o noso propio cole!
Antía puido explicarlle a toda a rapazada do cole en que consistía a súa labor en RadioVoz como encargada das noticias da mañá na zona de Coruña e cal era o proceso para seleccionar a información de interese.
Entre outros aspectos contounos como era o funcionamento da radio (especialmente despois das limitacións que supuxo a pandemia), a importancia de contrastar información e, como non, tamén estivemos aprendendo con ela algúns truquiños do directo para improvisar e non quedarnos en branco!
E chegou a parte máis importante!! Axudáronnos a montar a nova mesa de son que adquirimos este curso e déronnos a oportunidade de ensinarlles como gravamos os nosos programas de radio! Cada clase preparou para hoxe a súa sección para o programa especial de Nadal (que pronto poderedes escoitar e que retransmitirán en RadioVoz -avisarémosvos de cando será para que o poidades escoitar-)
E xa para rematar, que nervios!! Os presentadores do programa de Nadal puideron conectar en Antena con RadioVoz a Coruña e emitir en directo a despedida do programa! Aquí vola deixamos para que poidades ver como foi!
Menuda actividade tan chula e diferente para a rapazada, que puido escoitar como gravaban os seus compañeiros e que experimentou por primeira vez os nervios do directo.
Moitísimas gracias a Antía e a Sonia polo traballo que están a realizar e por dar unha oportunidade ao noso cole!!
Ata a próxima!!
Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario