Actividades de dinamización da biblioteca: NOVEMBRO!

 Boas rapazada! Aquí vos traio un mes máis as fotiños das actividades de dinamización. Nesta ocasión... as de novembro! Imos aló!

Este foi o calendario de actividades proposto para novembro:
A convidada especial deste mes foi... LAURA! 

Nos obradoiros coas familias tivemos a Laura, que desenvolveu a primeira de varias sesións destinadas á elaboración dun teatriño con materiais de refugallo. Nesta, comezou co contacontos de "Lume!" para abordar esta problemática que ameaza os nosos bosques e despois, por equipos interniveis, empezaron a elaborar o teatriño baseado nun ecosistema.  



Aquí vos van o resto de fotos das actividades do mes:


Moitas apertas: Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario