Un paxariño contoume que onte os alumnos e alumnas de 1º a 6º foron a correr o "cross" ao circuito de Caritel e que foi todo un éxito.
Nunha mañá solleira pero fresca ata que o sol colleu forza o alumnado preparouse para correr o circuito de diferentes distancias dependendo da súa idade.
Todos e todas o fixeron xenial, con moito esforzo, concentración e vontade conseguiron pasar pola liña de meta despois de superar un circuito esixente.
Cabe destacar os ánimos dos seus propios compañeiros e compañeiras que cantaban "Caaaaaaaaaarballedo..."
Unha vez rematada a carreira de campo a través foi o momento de repoñer forzas con froita, auga e un chocolate quentiño.
Aqui podedes ver algunhas fotos de diferentes momentos desta fantástica convivencia deportiva.
Noraboa a todos e todas de parte de Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario