Amosando publicacións coa etiqueta programascastaradio22-23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta programascastaradio22-23. Amosar todas as publicacións

Cast@radio. Programa 9: Especial Concurso Letras Galegas 2023

Ola amigos do colexio de Carballedo,

Hoxe deixámosvos unha publicación moi especial: os tres podcast de radio dentro do concurso das letras galegas 2023.

Pasámolo moi ben xogando e aprendendo da vida do autor adicadas as letras galegas deste ano. 

Esperamos que o gocedes e non vos esquezades de comentar!

Cast@radio. Programa 8: Especial Obradoiro de radio dos Polos Creativos

Ola amigos do colexio de Carballedo,

Hoxe deixámosvos unha publicación moi especial: o noso primeiro directo de radio dentro dos obradoiros que os mestres do centro organizáronnos para estrear a zona de polos creativos, o ultimo día do trimestre.
Pasámolo moi ben xogando e aprendendo nos diferentes obradoiros cos grupos internivel e tamén fixemos un programa de radio en directo que quedo moi profesional. Esperamos que o gocedes e non vos esquezades de comentar!


Cast@radio. Programa 7: Especial Día da lingua materna 2ª Parte

Bos días rapazada!

Hoxe publicamos o segundo programa deste especial "día da lingua materna: 2ª parte", no que todos os rapaces do centro celebramos este día tan especial con diferentes actividades.. Neste novo programa continuamos algunhas seccións, como "RadioPatio" dos alumnos de infantil ou "Plataforma polo planeta" dos alumnos máis maiores. Esperamos que gocedes deste novo programa e non vos olvideis de comentar as vosas opinións e compartir este novo podcast nas vosas redes sociais.

Apertas do voso amigo Castañón

Cast@radio. Programa 6: Especial Día da lingua materna 1ª Parte

Bos días rapazada!

Hoxe publicamos o primeiro programa deste especial "día da lingua materna: 1ª parte", no que todos os rapaces do centro celebramos este día tan especial con diferentes actividades.. Neste novo programa continuamos algunhas seccións, como "RadioPatio" dos alumnos de infantil ou "Carballedo polo planeta" dos alumnos máis maiores. Esperamos que gocedes deste novo programa e non vos olvideis de comentar as vosas opinións e compartir este novo podcast nas vosas redes sociais.
Apertas do voso amigo Castañón

Cast@radio. Programa 4: Especial Nadal

Boas compañeiros e compañeiras!
Deixámosvos o último programa do ano 2022, un programa moi especial xa que é o noso podcast especial de nadal, un momento no ano que no colexio encántanos.


Recibimos ao equipo de RadioVoz na Cast@radio

 Hoxe a cast@radio abriu as súas portas para recibir a Sonia e a Antía, técnica e reporteira de RadioVoz (a emisora da Radio da Voz de Galicia) para emitir por primeira vez en directo na antena desta emisora desde o noso propio cole!

Cast@radio. Programa 3: 25 de novembro

Benvidos rapazada!

Hoxe temos un novo programa da Cast@radio, o noso terceiro podcast do ano.

Nesta ocasión dedicamos as seccións ao día 25N.

Unha aperta compañeiros!

Castañón

Cast@radio. Programa 2: Especial Samaín


Bos días compañeiros do colexio de Carballedo.
Hoxe os presentadores Niko, Saúl, Otto e Adriana de 2º de educación primaria traémosvos un programa especial de samaín para pasalo terrorificamente ben.
Contamos coa sección de medo dos alumnos de infantil, as adiviñas de 1º e 2º, o mundo mariño monstruoso de 3º e 4º, unha radionovela de medo dos alumnos de 5º e finalizamos cos chistes dos nosos compañeiros maiores, os de 6º.

Cast@radio. Programa 1: Benvidos ao curso 2022/2023

Boas Rapazada:

Hoxe presentamos o primeiro programa do curso 2022/2023. Nesta ocasión contamos cuns presentadores marabillosos de 2º de EP, e unha despedida por parte dos alumnos de infantil, ademais de incluír a sección do alumnado de 5º que nos presenta o proxecto do curso, unhas adiviñas da man dos alumnos de 1º e 2º, e unha sección da vida submarina que nos presentan os alumnos de 3º e 4º. Esperamos que vos guste tanto escoitalo como a nós elaboralo. Unha aperta, Castañón