Entrega de medallas no campo de As Extremas

 Hoxe celebramos un acto moi especial para recoñecer o esforzo, a participación e o compromiso do alumnado nas actividades do programa Xogade ao longo do curso.

Durante a xornada fíxose entrega das medallas aos rapaces e rapazas que participaron nas xornadas deportivas, nun ambiente cheo de ilusión, compañeirismo e alegría,  un acto que serviu para poñer en valor o traballo realizado por todos os participantes, destacando valores tan importantes como o respecto, a superación persoal, o traballo en equipo e o xogo limpo.

A entrega de medallas converteuse nun momento de celebración compartida por alumnado e profesorado recoñecendo o esforzo realizado durante todo o ano e animando á rapazada a seguir gozando do deporte.

Ao chegar ao cole fixemos entrega tamén das medallas ao alumnado de 2º de educación primaria pola súa participación e esforzo no cross escolar. Os nenos e nenas foron ovacionados por tódolos seus compañeiros/as.

Parabéns a todos e todas polo voso entusiasmo e pola vosa implicación. Seguiremos apostando polo deporte como ferramenta de aprendizaxe, convivencia e diversión.

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario