Que este trimestre traballamos os oficios tradicionais dentro do noso patrimonio? Pois nós collemos as nosas catiuscas e imos a Cambados aprender a mariscar!
E logo... mans á obra: coñecimos curiosidades sobre as casas e a contorna, como identificar en que lugar hai almexas, a identificar as que se poden coller ou as que aínda son pequenas, a sementalas... e todo de primeira man.
Despois de dous longos anos sen excursións a nivel de centro, rematamos o segundo trimestre cunha didáctica e fermosa saída coa cal o alumnado coñeceu o oficio de mariscar así como enclaves da xeografía Galega.
Cambados
A primeira parada foi Cambados, alí tivemos tempo para divertirnos un pouquiño, todos xuntos como tanto botabamos de menos.
E rematamos a actividade moi motivados polo oficio e polas nosas "profes".
Mirador de Siradella
Paradiña técnica para xantar e xogar. Logo subimos ao mirador de Siradella a contemplar as fermosas vistas da praia da Lanzada.
Illa da Toxa
Finalizamos a nosa xornada na Illa da Toxa, onde aproveitamos para descansar, observar o mar, mercar e coñecer a famosa igrexa cuberta de cunchas de vieira.
Apetécevos revivir ese día? Aquí tedes un pequeno vídeo recopilatorio de todas as fotos.
Un aperta enorme: Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario