Xornada folclórica no PDI "O ano de Galicia": instrumentos e baile galego

A música é unha parte imprescindible da nosa cultura. Por iso, neste 2º trimestre, non podiamos deixar de organizar no cole unha xornada folclórica con Tito e Santi (expertos no tema) coa que achegar ao alumnado aos instrumentos e ao baile galego dunha maneira máis motivadora e práctica. 

O primeiro paso para ser uns bos coñecedores do tema foi averiguar que instrumentos se relacionan co folclore galego e como se tocan: cunchas, pandeiretas, pandeiro, gaita... mans á obra!










O segundo paso foi mover o corpo aprendendo os pasos principais do baile tradicional. 






E, para rematar, ao son da gaita de Santi, conxugamos todos os elementos clave para intentar bailar unha muñeira!




Magnífica xornada coa que, gracias a estes dous profesionais, coñecemos de primeira man e aprendimos un montón acerca desta peza clave do noso patrimonio.

Manteñamos viva a nosa cultura! 

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario